Posted tagged ‘incendio’

Escrito e solicitude de entrevista coa Xunta de Galicia

Maio 5, 2010

A Asociación Veciñal “O Cruceiro” de Mehá – Mugardos, dirixiu un escrito ao Director Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia demandando información sobre o incendio ocorrido en Forestal do Atlántico, empresa contigua á Planta de Gas de Reganosa e amosando o grave risco a que estivo sometida a población da comarca.

Solicitaron, asemade, manter unha entrevista en representación do Comité Cidadán de Emerxencia co este alto cargo da Xunta para que explique as medidas de seguridade adoptadas durante o suceso.

Transcribimos a continuación o citado escrito:

Sr. Director Xeral de Emerxencias e Interior:

Como Presidenta da Asociación de veciños O Cruceiro de Mehá diríxome a vostede para expresarlle o malestar da veciñanza ante os feitos acaecidos na noite do día 20 de abril na empresa Forestal del Atlántico, situada no Concello de Mugardos e anexa á empresa Imegasa e á Planta de Gas de Reganosa.

Esa noite produciuse na mencionada empresa un incendio do que, polo de agora, non recibimos ningunha información. Ninguén se molestou en dirixirse aos veciños explicando as causas do accidente nin os riscos que correu a poboación.

É comprensible a preocupación que suscitou o tema, dada a proximidade desta empresa ás vivendas, máis aínda cando neses momentos atopábase na planta de gas de Reganosa un gaseiro que descargaba máis de 50.000 toneladas  de GNL. Cales serían as consecuencias se durante a descarga  se producira unha fuga de gas?

En primeiro lugar entendemos que non funcionou o Plan de Emerxencia Exterior. Ao día de hoxe non sabemos si soou a alarma ou non: hai veciños que oíron, sobre as sete da mañá,  unha sirea que os alarmou, pensando que viña dunha das empresas instaladas na parroquia, outros, ante o mesmo son, creron que se trataba dun barco.

Se a sirea soou, cremos que o fixo moi tarde, varias  horas despois de  que se iniciara o incendio, e ademáis foi confusa, de que vale unha alarma de emerxencia se a poboación non a pode identificar con claridade?

Se non soou, moito peor. Qué clase de Plan de Emerxencia Exterior ten a empresa se un incendio de tal envergadura non fixo saltar as alarmas?

Gustaríamos saber cal foi a actuación de Protección Civil ante estes graves fallos.

En 2º lugar lembrar que, como organismo que ten como misión a protección física das persoas e dos bens en situación de graves riscos colectivos, como foi o caso, lle corresponde a  difusión de alertas ante accidentes deste tipo. Pero non  só lles compete alertar, senón tamén informar e tranquilizar á poboación. Ningunha destas funcións se levaron a cabo nesta situación.

Por último dicirlle que ata hoxe esta asociación estivo esperando algunha chamada dos responsables do Plan de Emerxencia Exterior que lle dira algunha explicación sobre o sucedido. Como isto non ocurriu, somos nós os que nos poñemos en contacto con vostede coa esperanza de  que  nos consteste o máis axiña posible  aportando algunha información que poidamos transmitirlles aos veciños.

Atentamente.  Luz Marina Torrente López

Puerto Rico: Importante incendio nunha Refinería.

Outubro 26, 2009

PtoRico1

Unha potente explosión ocorrida a medianoite do pasado xoves nos tanques da refinería da Caribbean Petroleum Corporation en Cataño, a uns 10 qm. Da capital : San Juan de Puerto Rico, provocou un incendio de grandes proporcións que causou feridas a dúas persoas, sen terse que lamentar vítimas.
O avance das chamas afectou a 17 tanques de combustible da refinería. As autoridades declararon o estado de Emerxencia en toda a área metropolitana e temen que se produza un dos desastres ambientais máis grande na historia da illa.
Todos os equipos de bombeiros da zona, trasladáronse ao lugar do incendio para intentar controlar o lume.
A causa, aínda descoñecida, será investigada por equipos do Buró Federal de Investigacións (FBI) de Estados Unidos.
Evacuados : As chamas e a intensa columna de fume obrigaron a evacuar a uns 600 veciños que viven na zona próxima, onde a onda expansiva produciu danos materiais e declarouse en estado de alarma nun área que abarca a cinco municipios.
As autoridades estiman que o total de desprazados pode incrementarse a medida que a xente regrese aos seus fogares e decida retirarse a outras zonas da cidade debido ao fume.
Cara ao mediodía a calor estaba xerando explosións nalgúns alternadores do tendido eléctrico.
A Garda Costeira estadounidense estableceu un cordón de protección na bahía de San Juan, para evitar que se vexan afectadas as operacións dos cruceiros que atracan nese porto.
Luns 26.- O incendio declarado a noite do xoves na refinería da compañía Caribbean Petroleum Corporation (Copeco) de Cataño, localidade situada a uns dez quilómetros de San Juan, está extinguido, anunciou hoxe o gobernador de Porto Rico.
Todos os tanques de combustible da refinería afectados polo incendio están xa apagados, aínda que unidades de Bombeiros manteranse nas instalacións en labores de arrefriado durante os próximos días.

PtoRico3