Posted tagged ‘lgn rivers’

A perigosa manobra do LNG Rivers na sua anterior visita

Xullo 30, 2008

Abondando no incidente do LNG Rivers, na súa arribada do 2 de xullo, pódese apreciar nesta carta náutica, a derrota seguida polo gaseiro o abortar o seu primeiro intento de aproximación a bocana da Ría. O calado do buque cargado de GNL e de algo máis de 11 m., e o baixo das Merloeiras atópase entre 11e 16 m da superficie.

A piques estivo de ocorrer unha desgracia, que no interior da Ría, sería unha traxedia.

30 xullo: 26º Gaseiro. Convocatoria de CONCENTRACIÓN

Xullo 29, 2008

Anunciada a entrada do 26º Gaseiro rumbo a REGANOSA

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ria de Ferrol,

Convoca

CONCENTRACIÓN

Ante o Edificio da Xunta de Galicia

na Praza de Amada García

(xunto a Praza de España de Ferrol)

 

Mércores, 30 de xullo, ás 8 da tarde

 

O buque que agardamos é o “LGN Rivers” o que na sua anterior entrada estivo a punto de protagonizar un serio incidente, ao errar o rumbo na bocana da Ría, e ter que repetir a manobra de aproximación, pasando moi perto do baixo das Merloeiras.

 

Á vez que esperamos  resposta ás nosas demandas de explicación deste incidente, este Comité pregúntase:

 

¿Para cando as nosas Autoridades van ter a valentía de afrontar o gravísimo problema que supón a ubicación da Planta de Gas no interior de Ría, e o risco do contínuo tránsito de gaseiros incumplindo toda a normativa de seguridade establecida?

 

¿Cando van a acatar as Sentenzas en contra do establecemento e autorización de funcionamento de Reganosa, que de continuo emite o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia?.

 

¿Que tremenda desgraza ou cantos centos de vítimas terá que haber para que esta demanda sexa escoitada e atendida?

 

Mentres tanto, este Comité, agora e sempre, como fai 8 anos, seguirá esixindo:

 

 ¡¡¡ PLANTA DE GAS  FORA DA RÍA ¡!!

 

Acude a Concentración e difunde este comunicado.

 

Descripción do incidente

 

Escritos dirixidos  a Ministra de Fomento, director Xeral da Mariña Mercante e Capitán Marítimo de Ferrol