Posted tagged ‘LNG Lagos’

venres 21 Entrada gaseiro nº 82

Xaneiro 20, 2011

 

Prevista a entrada na Ría dún vello gaseiro (con 34 anos de antiguedade) que fará o nº 82, cargado con GNL, o Comité Cidadán de Emerxencia, convoca

CONCENTRACIÓN

Venres, 21 de xaneiro 2011, ás 19 hs,

diante do Edificio da Xunta de Galicia

(Praza Amada García – Ferrol)

características :

Nome.- LNG Lagos, Bandeira .- Bermuda, – Ano construcción.- 1976, – Capacidade.- 122.000 m³ – Eslora.- 274.42 m, – Manga.- 42 m, – Puntal.- 27.77 m, – Calado.- 11.8 m

¡PLANTA DE GAS FÓRA DA RÍA!

LNG Lagos : Segundo día agardando poder entrar.

Decembro 14, 2008

img_0498

Nesta fría e desapacible tarde de domingo (14 de Decembro), representantes do Comité Cidadán de Emerxencia, concentráronse – como é habitual cada vez que se anuncia a chegada dun gaseiro – ante o Edificio Administrativo da Xunta, para rexeitar a perigosa navegación dos buques cargados de GNL ao pé das nosas vidas.
Esta vez, por segundo día consecutivo, o “LNG Lagos”, o vello buque de 32 anos de antiguedade,  non puido efectuar a súa entrada debido ás malas condicións meteorolóxicas, o que incrementa o risco dunha navegación, xa perigosa, a través da canle de entrada a Ría.
Malia coñecerse que o buque suspendera a súa arribada, mantívose a convocatoria de concentración, para poñer de manifesto, unha vez máis, o disparatado da ubicación da Planta de Gas no interior de Ría.

 

¡¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA ¡!

 

Album de fotos

Domingo 14 decembro: Concentración,

Decembro 13, 2008

img_0162

O gaseiro nº 37, o “LNG Lagos”, que hoxe sábado tivo que desistir da entrada na Ría, a causa do forte vento, intentará achegarse na tarde de mañá domingo a Planta de Gas, coa sua perigosa carga de GNL, polo que o

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, convoca

 

CONCENTRACION

 

Domingo, 14 de Decembro, ás 7 da tarde

Ante o Edificio Administrativo da Xunta de Galicia

(Praza de Amada García – Ferrol)

 

¡¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA ¡!

 

Buque: “LNG Lagos” – Bandeira: Bermudas – Antiguedade: 32 anos

(23 inactivo) – Eslora: 274,4 m. – manga: 42 m. – calado: 11,8 m.

– Capacidade: 122.255 m3.

Outro gaseiro que non pode entrar a Ría.

Decembro 12, 2008

1sokotofebrero-0011

Imaxe do “LNG Sokoto”

 

De novo un gaseiro cargado con GNL para Reganosa ten que abortar a súa entrada debido ás condicións meterolóxicas.

 

O “NLG LAGOS” un vello gaseiro de 32 anos de antiguedade (23 deles inactivo) tiña prevista a arribada a Ría de Ferrol o sábado 13 de Decembro, na pleamar da tarde, e vese forzado a desistir de cruzar o angosto canle da Ría debido as previsións de mar gruesa e ventos fortes que poderían provocar o seu desplazamento contra a costa e causar un tráxico accidente.

 

Estas situacións vanse producindo con moita frecuencia (néboa, temporal, vento, visibilidade…), e non fan outra cousa que reafirmar o tantas veces manifestado sobre a perigosidade e improcedencia da ubicación da Planta no interior da Ría, cando podería estar situada no Porto Exterior.

 

Así seguirá sucedendo, ata que un día, iniciada a manobra de entrada, o buque, véxase sorprendido por un cambio brusco non previsible das condicións metereolóxicas, ou que, por causa urxente, teña que abandonar  a ría no medio dunhas circunstancias adversas, entón, cando ocorra a desgraza, todos aqueles responsables que agora fan oídos xordos ás nosas advertencias serán os primeiros en lamentarse. Entón será xa demasiado tarde.

Concentración pola entrada do gaseiro nº 35

Novembro 20, 2008

img_0181

Onte, 19 de novembro, entrou na nosa Ría o gaseiro “LNG Lagos”, con bandeira de Bermudas, cargado de LNG para Reganosa.

Este buque, con capacidade  de 122.255 m3,  ten 32 anos de antiguedade, o que ven supoñer outra ameaza engadida ao xa de por si perigoso tráfico ilegal de gaseiros próximos as nosas vivendas e as nosas vidas.

 

A Concentración convocada polo Comité Cidadán de Emerxencia, ante o Edificio da Xunta de Galicia, percorreu varias rúas do centro, rematando ante o Concello, rexeitanto unha vez máis a ubicación da Planta de Gas e reafirmando a decisión de mobilizarse cada vez que entre un gaseiro na Ría.

 

A Ría é nosa e non de Reganosa

¡¡Planta de Gas fóra da Ría ¡!

Album de fotos