Posted tagged ‘LNG OYO’

A Concentración de hoxe polo 46º Gaseiro

Xuño 12, 2009

IMG46_5329

Na concentración de hoxe, convocada polo CCE e motivada pola entrada na nosa ría do gaseiro “LNG OYO” que fai a número 46 dos que ilegalmente arriban a Reganosa, a máis de rexeitar este tráfico que pon en perigo as nosas vidas,  púxose de manifesto o seguinte:

A irresponsabilidade das Administracións, Autoridade Portuaria e Dirección Xeral da Enerxía, por consentir – a pesar das nosas advertencias – a repetida entrada de buques con capacidade superior aos límites por eles mesmos autorizados.

Asemade, a pretensión do Alcalde de Mugardos de acelerar o proceso de desmantelamento do xacimento romano de Caldoval, importante predio arqueolóxico, cuxa urxencia é facilitar a ampliación da Planta de Gas.

Esmérase o Sr. Barcia en resolver os intereses especulativos dunha empresa privada, cando a súa obriga como Alcalde é a defensa da legalidade e do patrimonio común de toda a cidadanía.

Confirmouse tamén a data para a III Marcha a pé a Mugardos que se celebrará o próximo 23 de xullo.

 ¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA ¡

 Fotos da Concentración

Advertisements

Outro gaseiro que excede a capacidade, na nosa Ría

Maio 5, 2009

gasero441

Hoxe martes 5 de maio, representantes do Comité Cidadán de Emerxencia, concentráronse ás 7 da tarde, diante do Edificio da Xunta de Galicia, como acontece sempre que entra un gaseiro cargado na nosa Ría.

O “LNG OYO” con bandeira de Bermudas, eslora 285,48 m. e manga 23,4 m. excede da capacidade máxima permitida (140.000 m3) pola Autoridade Portuaria.

lngoyo3Por este motivo,  o CCE, entregou a primeira hora da mañá, sendos escritos a Autoridade Portuaria e a Dirección General de la Energía, denunciando o incumprimento da súa propia normativa, advertindo das responsabilidades nas que incurrían e exisindo que tomaran medidas para impedir a entrada do buque.

O “LNG OYO” atracou hoxe en Reganosa, coa complicidade dos Organismos competentes, deixando a un lado a legalidade e a seguridade dos habitantes desta comarca, polo que o CCE resérvase levar adiante as oportunas medidas xurídicas que corrspondan.

 ¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA ¡

 Album fotográfico:    Enlace 1     Enlace 2

AUTORIDADE PORTUARIA DE FERROL-S.CIBRAO

MUELLE COMERCIAL S/N – 15401 FERROL

DIRECCION GENERAL DE LA ENERGIA

MINISTERIO DE INDUSTRIA, TURISMO Y COMERCIO

Paseo de la Castellana, 160 – 28046 Madrid

O abaixo asinante Manuel Angel Rodriguez Carballeira, coordinador do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, con DNI ..……….. e enderezo, ………………………………, se dirixe a Vde. e Expón:

Estando prevista a entrada na Ría de Ferrol do gaseiro “LNG OYO” cargado con GNL e con destino á Planta de Reganosa, que a capacidade do citado gaseiro sobrepasa os 140.000 m³ otorgados a Reganosa, establecida nas normas de seguridade para a entrada, atraque, desatraque e saida de grandes buques gaseiros; con base ao cual tamén se otorgou á autotrización de construcción.

A entrada de dito gaseiro suporía un incumplimento flagrante e doloso das normas de seguridade e da autorización de construcción e cuia tolerancia podería acarrear responsabilidades personais para os organismos de control. Por todo elo, lles Solicito a adopción das medidas oportunas para impedir a entrada na Ría de Ferrol do citado gaseiro.

Ferrol a 05 de Maio de 2009

Asdo. Manuel A. Rguez. Carballeira

Coordinador do CCE.