Posted tagged ‘“lng rivers”’

Gaseiro nº 118

Maio 4, 2012

Prevista a entrada na Ría do gaseiro cargado con GNL, nº 118 “LNG Rivers” o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, convoca

 CONCENTRACIÓN

sábado 5 de maio 2012, ás 20,00 hs,

diante do Edificio da Xunta

Praza Amada García – Ferrol

 Características do buque:

Nome.- LNG Rivers, Bandeira.-Bermudas, Eslora.- 288 m, Manga.- 48.2 m, Calado.- 12.30 m, Puntal.- 62.75 m, Capacidade.- 137.231 m3 de GNL

¡PLANTA DE GAS FÓRA DA RÍA!

Outra situación de urxencia en Reganosa

Decembro 2, 2010

 

Unha vez máis o Xestor Técnico do Sistema Gasístico Nacional, vese na necesidade de desviar a Reganosa un buque que viña destinado a Bilbao, para evitar que a Planta de Gas de Mugardos agote as reservas mínimas obligatorias de seguridade (gas talón), o que podería suceder se o próximo gaseiro, inialmente esperado para o próximo día 7, tivera que retrasar a súa entrada polas condicións climatolóxicas, feito que dada a improcedente ubicación desta planta, sucede en 1 de cada 4 buques esperados.

Deste xeito o LNG Rivers que viaxaba cara a Euskadi entrará este venres na nosa Ría.

 Máis información

Atrancos na entrada do 24ª gaseiro

Xullo 2, 2008

Hoxe, de novo a cidadanía, convocada polo Comité Cidadán de Emerxencia, percorreu en manifestación as rúas de Ferrol, coincidindo coa entrada do “LGN Rivers” a Reganosa, para recordar a todas as persoas de ferrolterra o grave perigo a que nos vemos sometidos co tránsito dos gaseiros a pouca distancia dos nosos fogares, así como a ameaza permanente das instalacións da Planta de Gas, nun emprazamento que tanto cidadáns como Tribunais de Xustiza sinalan reiteradamente como ilegal.

O gaseiro de hoxe, que fai o número 24 dos arribados a Reganosa, tivo complicacións na súa entrada a ría, tras un primeiro fallido intento de aproximación, virou en redondo para nunha segunda manobra lograr o seu obxectivo. Isto supuxo perder media hora de pleamar e outro risco engadido.

Co convencimiento de que estamos ante a maior ameaza que padeceu nunca esta comarca, e asistidos pola razón , este CCE continuará no seu empeño de conseguir, agora que estamos a tempo e antes que suceda a traxedia potencialmente previsible, facer realidade o noso lema:

¡¡ PLANTA DE GAS FORA DÁ RÍA ¡!