Posted tagged ‘Madrid spirit’

Concentración entrada Gaseiro nº 157

Novembro 3, 2013

 

DSC06317(foto do arquivo)

Estando prevista a entrada na Ría do gaseiro cargado con GNL, nº 157 “Madrid Spirit”, o Comité Cidadán de Emerxencia, convoca:

CONCENTRACIÓN

Martes, 5 de novembro 2013, ás 19 hs,

diante do Edificio da Xunta de Galicia

Praza Amada García – Ferrol

Características do buque:

Nome.- Madrid Spirit, Bandeira.- España, Eslora.- 284.4 m, Manga.- 42.50 m, Puntal.-25.40 m, Calado.- 12.2 m, Capacidade.- 138.000 m³ de GNL

¡ PLANTA DE GAS: PECHE XÁ !

Sábado 19, ás 20 h: CONCENTRACIÓN entrada gaseiro nº 68

Xuño 18, 2010

Prevista a entrada do gaseiro nº 68, cargado de GNL para Reganosa, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, convoca

CONCENTRACION

Sábado 19 xuño 2010, ás 20 horas
diante Edificio da Xunta
Praza Amada García – Ferrol

Características do buque:
nome.- “LNG Madrid Spirit”, Bandeira.- España, Eslora.- 284.80 m
Manga.- 42.50 m, Calado.- 12.20 m, Puntal.- 25.04, Capacidade.- 138.119 m

¡PLANTA DE GAS FORA DA RIA!

Hoxe tampouco entrou o gaseiro esperado, e van 14 (1 de cada 4,5)

Marzo 29, 2010

O LNG “Madrid Spírit” tiña programada e autorizada a súa entrada para a pleamar desta tarde, 29 de marzo. Debido ás condicións do vento e estando próximo á Ría de Ferrol tivo que desviarse e continuar navegando cara ao Cantábrico, agardando que na marea de mañá martes poida entrar na Ría.

Dos 63 gaseiros con destino a Reganosa, 14, ou sexa o 22,22 %, ou máis claro: 1 de cada 4,5,  non pode efectuar a súa entrada o día previsto, por mor das condicións meteorolóxicas na angosta bocana da Ría.
Isto supón que o buque ha de esperar, 24 ou 48 horas, á próxima marea diúrna en que se dean as condicións de seguridade establecidas.
A unha planta, mal ubicada,  perigosa, innecesaria e deficitaria, súmase un importante incremento no custo do transporte, que indubidablemente repercute nos petos dos cidadáns.

Apelamos unha vez máis á responsabilidade das autoridades estatais, autonómicas e locais, para que cesen no seu temerario consentimento e poñan punto final a esta situación de risco permanente e a este malgasto dos caudais públicos, abrindo os gasoductos que manteñen pechados exclusivamente para beneficio dos promotores da Planta de Mugardos.

Planta cuxo déficit – 60 millóns de Euros – correspóndese co déficit do conxunto do Sistema Gasístico Español.

 Este Comité mantén a convocatoria de CONCENTRACION para esta tarde as 7, diante do edificio da Xunta ( Praza Amada García ) no compromiso coa defensa da legalidade, da Ría e da vida dos seus habitantes.

O vento impide a entrada na Ría do gaseiro nº 51

Agosto 29, 2009

29-08-09_2019

Hoxe, sábado 29 de agosto, estaba prevista a entrada na Ría do gaseiro “Madrid Spirit”, que tivo que renunciar a efectuala debido ao forte vento.
Este buque faría o nº 51 dos que arriban a Reganosa cargados de GNL e o 9º que ten que desistir da súa entrada polas circunstancias climatolóxicas adversas.
A improcedente localización da Planta de Gas no interior da ría, en lugar do Porto Exterior, fai que 1 de cada 5 buques, teñan problemas para atravesar a angosta canle de entrada e deban fondear, un ou varios días, á espera dunha marea coas condicións axeitadas.

Membros do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, concentráronse ante o Edificio da Xunta de Galicia, como vén sucedendo cada vez que se anuncia a entrada dun buque cargado de gas natural liquado, para facer patente á cidadanía do perigo constante que supón a Planta e o tráfico dos gaseiros para o empobrecimiento da Ría e para a vida dos seus habitantes. Alí o coordinador do Comité reclamou das autoridades : Alcalde de Ferrol, Presidente da Xunta, e Presidente do Goberno, que deixen de mirar para outro lado, que sexan conscientes do grave perigo que supón e que tomen as medidas necesarias para a paralización da planta e o seu traslado fóra da Ría.

O de hoxe deriva soamente nun gasto económico adicional, pero si esta situación se dera co buque dentro da ría e a tivera que abandonar precipitadamente por unha emerxencia, estaríamos posiblemente ante unha traxedia irreparable.

Ainda estamos a tempo:

 ¡PLANTA DE GAS FORA DA RÍA!

29-08-09_2012