Posted tagged ‘manifestación Ferrol’

8 de xuño: Gran Manifestación en Ferrol

Xuño 8, 2008

Hoxe 8 de xuño, duas mil persoas, convocadas polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, percorreron en manifestación as rúas dá nosa cidade, desde o Peirao de Curuxeiras ata o Concello, onde esperaban os compañeiros e compañeiras pechados, rexeitando con esta movilización, unha vez máis, a ilegal ubicación da Planta de Gas no interior da nosa Ría e as novas ameazas engadidas de levarse a cabo as pretensións de Reganosa.
 

 

 

E isto sucede nun momento en que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia dinamita os cimentos nos que se sustenta Reganosa cunha nova sentenza que dictamina que a modificación do Plan Xeral de Ordenación Urbana de Mugardos para construír a Planta é ilegal.
 

 

Ao término da manifestación interveu o Coordinador do CCE Manuel Rodríguez Carballeira, que agradeceu o apoio e solidariedade e a presenza aquí de representantes de numerosas Asociacións integradas na Rede Galicia non véndese. Rafael Pillado membro do CCE falou en nome dos compañeiros e compañeiras encerrados no Concello desde o pasado martes, explicando o emprazamento feito á Corporación para que rexeite de forma clara a ubicación da Planta, e comunicando o fin do peche. Montserrat Garel, en nome do CCE, deu lectura ao seguinte Manifesto:

“Unha vez mais o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol convocavos hoxe aquí para celebrarmos o Día Mundial do Medioambiente rexeitando a ubicación da Planta de Gas dentro da Ría, a mais de advertirvos das novas ameazas que a súa ilegal producción ten para a cidadanía e para a Ría.

Nesta ubicación, dentro da Ría, se se produce un accidente, non existen nin medios materiais, nin técnicos, nin plans de emerxencia capaces de evitar unha enorme traxedia.

En instalacións perigosas como Reganosa, que ademais está construída ao lado do complexo petroquímico, “Forestal del Atlántico”, un accidente terá un desenlace de morte e devastación.

Desgraciadamente hai evidencias, mais que suficientes, de que a pesares das estrictas medidas de seguridade, un accidente pódese producir en calquera momento, polo que a única seguridade posible para a poboación e o medioambiente é a distancia suficiente a instalación.

A Planta de Gas de Reganosa sostense nun cúmulo de irregularidades e ilegalidades, amparadas pola conivencia política do goberno Fraga, Aznar e do bipartito PSOE-BNG e axudada por determinados mercenarios mediáticos que poñen en práctica principios propagandísticos nazis dunha mentira mil veces repetida convírtese nunha verdade.

(máis…)

Xuño, 8 : MANIFESTACION contra as novas ameazas de Reganosa

Xuño 1, 2008

Reganosa é o maior escándalo de corrupción política, económica e mediática da democracia e pode chegar a converterse nunha enorme traxedia de seguir coa súa actividade no interior da ría. Non existen medios materiais nin técnicos capaces de evitala diante dos elevados riscos de accidentes.

 

Tras 8 anos de loita, en defensa da vida e do ben común, agora, ante as NOVAS AMEAZAS DE REGANOSA:

 

Voadura da canle de entrada a ría.

Ampliación da capacidade de regasificación.

Transporte de GNL en camión cisterna.

 

E outro perigo engadido, que é a posibilidade de ubicación da Celulosa de ENCE no Porto Exterior da Ría de Ferrol.

 

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

Convoca unha

MANIFESTACIÓN

Domingo, 8 de Xuño, ás 12 horas,

no Porto de Curuxeiras – Ferrol

 

Nunca é tarde para defendernos, nunca é tarde para evitar unha traxedia.

¡ Movilicémonos ¡

¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA ¡

Para ler o Boletín nº 14 do CCE, premer : boletin14

Vídeo