Posted tagged ‘manifestacion’

Manifestación 12 de abril

Abril 13, 2008

A entrada, onte, doutra bomba flotante, o LGN “Abuja”, un buque de 28 anos de antiguedade, e a perigosa ubicación da Planta de Gas no interior de Ría, constitúen un perigo permanente para a vida da poboación e para a riqueza de ría e da súa contorna.

Para esixir a desarticulación desta latente “arma de destrución masiva”, realizouse, convocada polo Comité Cidadán de Emerxencia, unha concentración ante o edificio da Xunta de Galicia e posterior manifestación ata o concello.

 

Nas intervencións dos membros do Comité, Luz Marina Torrente e Alexandre Carrodeguas, lembrouse a convocatoria de Asamblea Cidadá para o vindeiro 23 de Abril.