Este venres 19, convocada polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, celebrouse a VIIª Marcha a Pé Ferrol-Mugardos, co lema “PECHE XÁ !”, para exixir unha vez máis a paralización da Planta de Gas de Reganosa, para cumplir a legalidada expresada polas sentenzas xudiciais, para liberar á cidadanía dunha amenaza permanente, para evitar o proceso de destrucción da Ría e os seus postos de traballo e para cortar o derroche de cartos públicos – cartos de todas e todos – que está a supoñer esta Planta deficitaria e innecesaria, fruto da corrupción político-económica.
A Marcha – nunha tarde na que a climatoloxía axudou aos camiñantes – partíu ás 17 horas de Caranza, do Parque que leva por nome o do primeiro Coordinador do CCE, o querido compañeiro Carmelo Teixeiro, e fixo o recorrido habitual de anos anteriores: Avda. Do Mar, As Pías, Perlío, Barallobre, Maniños, descanso en O Pote, para continuar por Franza, Rilo, A Pedreira, Reganosa, Mugardos e rematar no Campo dos Carneiros, onde tras as intervencións de Luz Marina Torrente (Presidenta da A. VV., de Mehá) e de Lupe Cés (Comité Cidadán de Emerxencia), houbo un tempo de confraternización nun ambiente festivo, con música e merenda.
¡ PLANTA DE GAS . PECHE XÁ !
O Comité Cidadán de Emerxencia, coa determinación de dar un impulso este ano á VI Marcha a Pé Ferrol-Mugardos e conquerir a participación do maior número posible de persoas, ten previsto realizar diversos actos informativos, tanto das características e efectos da Sentenza do Tribunal Supremo, como das accións que se están a levar a cabo exixindo o peche de actividade de Reganosa.
Polo tanto, convida a cantas persoas desexen participar, aos seguintes actos:
Sábado 14 : ás 11 hs, na Praza do Inferniño, (coincidindo co mercadillo mensual) para información e reparto de octavillas. (Punto de encontro: Praza Inferniño, cruce das Rúas Vivero e Alcalde Usero)
Domingo 15: ás 11 hs, na Feira de Ferrol, para información e reparto de octavillas. (Punto de encontro: Escaleiras do Teatro Jofre).
Venres 20 : VI Marcha a Pé Ferrol-Mugardos. Saída ás 17 hs, do Parque Carmelo Teixeiro – Caranza, e chegada á Praza do Mercado de Mugardos, aprox. ás 21 hs, onde se poderá disfrutar da camaradería, música e comida.
Todo o mundo pode participar: a pé, en bici, en coche, toda a marcha ou algunha etapa, ou acudindo a Mugardos para recibir a xente que camiña. Haberá coches de apoio e se admiten todo tipo de colaboracións.
Difundir, animar á familia, aos amigos, á xente do entorno e participar.
PASO A PASO, PLANTA DE GAS FÓRA DA RÍA !!
NOVA ETAPA NA LOITA CONTRA REGANOSA
O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, convoca a todas as entidades, colectivos e organizacións sociais, e a todas aquelas persoas interesadas a participar na
Asemblea Cidadá,
o luns 9 de xullo ás 20hs
no Instituto Carballo Calero
(A carón do Mercado-Caranza).
Obxectivo da asemblea:
Propoñer, valorar e no seu caso aprobar, iniciativas, accións, mobilizacións que fagan cumprir a sentenza do Tribunal Supremo pola que Reganosa é xa, por sentenza inapelable, unha instalación ilegal.
Orde do día:
1º Información sobre o alcance e consecuencias da sentenza ditada polo Tribunal Supremo.
2º Propostas encamiñadas a facer cumprir a sentencia e paralizar a actividade da planta.
3º Varios
Aproveitamos para informar da convocatoria da VIª Marcha a pé a Mugardos, do venres 20 de Xullo, que sairá do Parque Carmelo Teixeiro de Caranza, ás 17hs baixo o lema:
PASO A PASO, PLANTA DE GAS FORA DA RÍA!
Onte, 22 de xullo, convocados polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, ao redor de duascentas persoas participaron nos actos da V Marcha a Pé Ferrol-Mugardos, que partindo ás 5 da tarde do Parque Carmelo Teixeiro de Caranza, percorreu os concellos de Ferrol e Fene para rematar na Praza do Mercado de Mugardos tres horas despois, onde foron recibidos pola veciñanza de Mehá, que celebraba o 4º aniversario do seu peche no Concello, nun ambiente festivo, con música, comida e bebida.
As intervencións de Luz Marina Torrente, Presidenta da Asociación Veciñal “O Cruceiro” de Mehá e de Manuel Rodríguez Carballeira, Coordinador do Comité, marcaron os motivos desta 5ª Marcha, que se resumen nas 10 razóns (premer) polas que Reganosa debe sair da nosa Ría e das nosas vidas.
Hoxe e sempre: ¡PLANTA DE GAS FÓRA DA RÍA!