Posted tagged ‘Marcha a Mugardos’

V Marcha a pé Ferrol – Mugardos

Xuño 29, 2011

 

O venres 22 de xullo, como xa vén sendo habitual cada verán, celébrase a 5ª Marcha a Pé Ferrol – Mugardos, convocada polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol e que partirá ás 5 da tarde de Caranza, precisamente do Parque Carmelo Teixeiro – que leva o nome do primeiro Coordinador deste Comité – e na que participarán máis dun centenar de persoas, que ao seu paso polos concellos de Ferrol, Fene e Mugardos faran presente, unha vez máis, o rexeitamento á localización dunha Planta de Gas no interior da nosa Ría, que ademais de innecesaria é un grave perigo para a vida de cantos poboamos esta comarca.

A marcha será recibida tres horas máis tarde na Praza do Mercado de Mugardos, polos veciños daquel concello, onde tras as intervencións de Luz Marina Torrente, Presidenta dá A. VV.”O Cruceiro” de Mehá e de Manuel Rdgz. Carballeira, Coordinador do Comité, a música e a merenda animarán aos participantes nun espazo de grata convivencia.

 ¡PLANTA DE GAS FORA DA RÍA!

 

A 4ª Marcha a pé a Mugardos

Xullo 23, 2010

Coincidindo co 3º aniversario do peche da veciñanza de Mehá no concello de Mugardos, este venres 23 de xullo, como xa vén sendo habitual cada verán, celebrouse a 4ª Marcha a pé Ferrol – Mugardos, convocada polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol e que partiu ás 5 da tarde de Caranza, precisamente do Parque Carmelo Teixeiro – que leva o nome do primeiro Coordinador deste Comité – e na que participaron máis dun centenar de persoas, que ao seu paso polos concellos de Ferrol, Fene e Mugardos fixeron presente, unha vez máis, o rexeitamento á localización dunha Planta de Gas no interior da nosa Ría, que ademais de innecesaria é un grave perigo para a vida de cantos poboamos esta comarca.

A marcha foi recibida tres horas máis tarde na Praza do Mercado de Mugardos, polos veciños daquel concello, onde tras as intervencións de Luz Marina Torrente, Presidenta dá A. VV.”O Cruceiro” de Mehá e de Manuel Rdgz. Carballeira, Coordinador do Comité, a música e a merenda animaron aos participantes nun espazo de grata convivencia.

Enlace ao Álbum fotográfico

Reseña da marcha na prensa local:    Diario de Ferrol      La Voz de Galicia

4ª MARCHA A PE FERROL – MUGARDOS

Xullo 21, 2010

Difunde e participa !!
¡PLANTA DE GAS FORA DA RÍA!

Cartaz en pdf:

Cartaz A3 Cor – 2010 Marcha Mugardos [23 de Xullo]

Exito na III Marcha a Pé a Ferrol-Mugardos

Xullo 24, 2009

3A III Marcha a Pé Ferrol – Mugardos, partiu ás 5 da tarde de onte do Parque Carmelo Teixeiro de Caranza, chegando a Mugardos preto das 9 da noite.
Esta marcha Convocada polo CCE, en coincidencia do aniversario do peche en Mugardos da veciñanza de Mehá, ten por obxecto recordar a ilegalidade da Planta de Gas de Reganosa, o perigo permanente que supón a súa localización e o tráfico constante de gaseiros no interior da Ría.
Este acto, no que participaron varios centos de persoas, terminou no campo dos Carneiros de Mugardos con actuacións musicais (Faltriqueira, A Revolta de Trasancos, Satan e Coplan), liscos, chourizos e viño e sobre todo coa confraternización e goce de todos vos participantes.

Enlace ao album de fotos

album 2

 A Marcha nos medios de comunicación:

 El Correo Gallego     La Voz de Galicia       La Opinión Coruña 

A Nosa Terra                El Economista             Canal 31TV Ferrol

Diario A Coruna        Noticias-Terra             Colectivo Artabra21

Diario de Ferrol

(máis…)

Exito de participación na II Marcha a Pé Ferrol – Mugardos

Xullo 23, 2008

 

Ás 17,30 horas de hoxe, 23 de xullo, partiron do Parque Carmelo Teixeiro, de Caranza, unhas 300 persoas que seguindo a convocatoria do Comité Cidadán de Emerxencia para Ría de Ferrol, realizaron a II Marcha a Pé a Mugardos.

En tres horas cubriron os aproximadamente 16 km., percorrendo a Avenida do Mar, a Ponte das Pías, Fene, Perlío, Barallobre, Maniños, Franza, A Pedreira, Reganosa,  e logo de baixar ao porto de Mugardos, se dirixiron ao Campo dos Carneiros, onde foron recibidos polas veciñas e veciños de Mugardos.

Alí, ante unhas 500 persoas reunidas, e antes de empezar o Festival de Música programado, interviñeron o Coordinador do Comité, Manuel Rodríguez Carballeira e a Presidenta da A.VV. de Mehá, Luz Marina Torrente, reafirmando a vontade deste Comité Cidadán de Emerxencia de continuar esta loita contra a ubicación da Planta de Gas de Reganosa, emprendida hai máis de oito anos, apoiada nas Sentecias dos Tribunais, na razón, e na defensa da vida e do patrimonio laboral , mediambiental, e cultural dos habitantes de Ría de Ferrol.

 

Tiveron tamén un sentido recordo para Carmelo Teixeiro, Don José Gabeiras e Tino Deibe.

 

Remataron coa convocatoria dunha nova movilización, o próximo venres 25, ante o Edificio da Xunta, na Praza de España de Ferrol, ás 8 da tarde, para rexeitar a entrada na Ría dun buque  cargado de GNL.

A continuación nun ambiente festivo e solidario, estase desenvolvendo a estas horas o Festival a cargo dos grupos : A Revolta, Balakandra, Amacuca, María Manuela e Satán e Coplán.

 

Agora e sempre :    ¡¡ PLANTA DE GAS FORA DA RIA ¡!

 

Album de fotos