O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, convoca, como cada ano desde 2007, a 11ª MARCHA A PÉ FERROL – MUGARDOS, denunciando a ilegal, perigosa, antieconómica e innecesaria Planta de Gas de REGANOSA, instalada – coa complicidade das Administracións – no centro das nosas vidas.
A pé, en carro, en bici… ACOMPÁÑANOS na defensa da sostenibilidade da Ría e da Vida dos seus habitantes.
Posted tagged ‘Marcha a pé a Mugardos’
11ª MARCHA A PÉ FERROL – MUGARDOS, Cartaz Oficial.
Maio 13, 2017VII Marcha a Pé Ferrol – Mugardos
Xullo 17, 2013Venres 19 de xullo 2013 ás 17 hs.
Parque Carmelo Teixeiro – Caranza – Ferrol
O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol convoca a 7ª MARCHA A PÉ FERROL – MUGARDOS, co lema: PECHE XA !.
A Marcha, como é habitual cada ano, partirá ás 17 hs. Do Parque Carmelo Teixeiro, xunto a ermida de Caranza, e tras percorrer a Ponte de As Pías, Perlío, Barallobre, Maniños, Franza, A Pedreira e Reganosa rematará no Campo dos Carneiros de Mugardos, onde se recibirá aos camiñantes e a quenes por calquera medio (bici, carro, lancha…) se acheguen, con música e merenda, coma sempre, a módico prezo.
O CCE fai un chamamento a participación e a difusión desta actividade, co ánimo de manifestar publicamente, unha vez máis, a perigosidade da Planta de Gas de Reganosa, unha ameaza constante para a vida de milleiros de persoas, a contaminación da Ría e a destrucción do marisqueo e os seus postos de traballo, a ilegalidade da súa ubicación confirmada pola Sentenza do Tribunal Supremo e o innecesario da súa actividade pola falta de demanda (funciona ao 30% co gasoducto de Tui pechado) e polo antieconómico dos seus resultados (cústanos 60 millóns de euros/ano a toda a cidadanía).
Exixindo o PECHE XA ! Todos e todas a Mugardos o próximo venres 19
Hoxe, todas e todos a Mugardos
Xullo 20, 2012Venres 22: Temos bó tempo para a Marcha a Mugardos
Xullo 21, 2011A previsión meteorolóxica é favorable para a V Marcha a Pé Ferrol – Mugardos.
Venres 22 de xullo:
17:00 hs. | ![]() |
21° | ![]() |
25 km/h |
20:00 hs. | ![]() |
19° | ![]() |
25 km/h
|
Anímate a participar, andando, en bici ou en coche,
toda a marcha ou unha etapa. Difunde e convida ao teu entorno.
Partimos do Parque Carmelo Teixeiro en Caranza, ás 17 hs. Marcharemos por As Pías, Perlío, Barallobre, Maniños, Franza, A Pedreira, Reganosa e está previsto chegar a Praza do Mercado de Mugardos sobre ás 20 hs., onde haberá música, liscos, chourizos, e bebida.
Para o regreso amáis dos coches particulares hai autobuses de liña.
Vive connosco esta xornada festiva, celebrando o IV Aniversario do Peche da veciñanza de Mehá no concello de Mugardos, e axuda a facer realidade:
¡PLANTA DE GAS FÓRA DA RÍA!
O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol convoca a III Marcha a Pé até Mugardos polo desmantelamento da Planta de Gas.
Xullo 21, 2009 Unha vez máis unha marcha a pé, desde Ferrol até Mugardos, terá lugar o Xoves 23 de Xullo coincidindo co segundo aniversario do peche veciñal na casa do Concello de Mugardos, por parte da veciñanza de Meá que durou 111 días. Para lembrar esta mobilización de suma importancia na loita contra REGANOSA, o Comité Cidadán manten as marchas a Mugardos como unha acción máis contra o despropósito gasístico irracional e corrupto de REGANOSA que empobrece a Ría e ameaza a nosa vida e seguridade.
Chamamos a todos os colectivos, organizacións e persoas, para que difundan a convocatoria e unha vez máis está acción sexa todo un suceso. Polo que podedes baixar, dos Arquivos Ártabros, os cartaces a COR ou en B/N, para copiar e difundir:
Cartaz da convocatoria en B/N, formato PDF – Tamaño A3 – 2 M-: Baixar Cartaz da convocatoria a COR, formato PDF – Tamaño A3 – 3 M-: Baixar
Sairemos ás 5 da Tarde do Parque “Carmelo Teixeiro” en Caranza e remataremos no Parque dos Carneiros en Mugardos, onde a Asociación Veciñal “O Cruceiro” de Meá agardará con música, sardiñas, churizos, cervexa, viño, …
¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !
http://www.youtube.com/watch?v=RUbk2tDZgG0