Posted tagged ‘mariscadores ferrol’

DESCAMISADOS

Marzo 28, 2012

por Manuel Cendán en Diario de Ferrol e no seu Blog: http://nordes.wordpress.com/2012/03/27/descamisados/

Asistimos á constatación de que a crise é xeneralizada e afecta tamén á propia xustiza. Os ferroláns somos testemuñas do xuízo contra oito mariscadores, que xunto con centos de persoas en maio de 2007 protestaron en defensa da ría, fronte á entrada ilegal dos buques de GNL con destino a Reganosa.

Estes mariscadores son xulgados, mais son as primeiras vítimas, e quizais resalte o papel da fiscalía, que evidentemente non está sendo tan eficaz en sacar á luz os escándalos políticos e económicos dese fracaso que supón a planta de gas, en Punta Promontorio.
A redución final a un número moi pequeno de persoas acusadas, por parte da fiscalía é a evidencia da propia debilidade procesal do xuízo. (máis…)

O conflicto dos mariscadores

Outubro 3, 2011

 

Comunicado do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

 ESTA COMARCA DEBE TER CLARO QUE OS CONFLITOS RELACIONADOS COA ACTIVIDADE MARISQUEIRA E PESQUEIRA, NON VAN DESAPARECER ATA QUE SE REALICE UN SANEAMENTO INTEGRAL DA RÍA. O QUE INCLUE A PARALIZACIÓN DE REGANOSA.

 Estes días asistiamos a un conflito, con graves consecuencias, protagonizado polas Confrarías de Barallobre e Ferrol. Mais de 700 persoas que viven nesta comarca da actividade marisqueira e pesqueira, protagonizan a miúdo conflitos que teñen a súa raíz na imposibilidade de exercer a súa actividade extractiva. A que é a segunda empresa desta comarca en canto a emprego, ve como ano tras ano, as condicións da Ría entran nun deterioro que impide mesmo o consumo humano das extraccións realizadas, e ademais, esas extraccións fanse cada vez mais escasas e perden calidade. (máis…)