Posted tagged ‘massó’

Solidaridade do CCE cos mariñeiros de Cangas

Maio 15, 2010

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol solidarízase cos mariñeiros xulgados este mércores en Pontevedra,  polas protestas e paralización das obras do porto deportivo de Massó en Cangas, e reitera o seu apoio á loita que están levando a cabo, o Foro Social, a Confraría de Pescadores e o pobo de Cangas, en defensa da legalidade, da súa contorna e do medio de vida de moitas familias

¡Tod@s con Cangas ¡ ¡ A Ría non se vende !

Foro Social de Cangas

Manifesto pola protección da Ría de Vigo

“Nas últimas décadas a ría de Vigo sufriu o impacto da actividade humana. O porto de Vigo destruíu xa máis de dez quilómetros de liña de costa na ribeira sur da ría. O excesivo afán por aumentar a superficie portuaria segue sen respectar os valores ambientais e a forma de vida tradicional e sustentábel das súas xentes.

O proxecto do porto deportivo en Massó (Cangas do Morrazo) derivaría na desaparición do banco pesqueiro e marisqueiro da zona, destruiría importantes hábitat mariños, que son refuxio de flora e fauna, contaminaría a auga, etc.

(máis…)

Agosto 1 : Manifestación en Cangas

Xullo 29, 2009

cangas0108

Sábado 20 en Cangas Manifestación: S.O.S. MASSÓ

Xuño 18, 2009

MASSOazul001

Tres anos de resistencia pacífica e diaria do Foro Social e dos mariñeiros de Cangas, ben merecen o noso apoio un día

MANIFESTACIÓN

O SÁBADO 20 ÁS 20 HORAS,

DENDE A ALAMEDA VELLA DE CANGAS

ATE O SALGUEIRÓN

 CONVOCAN:    Confraría de Pescadores “San José” de Cangas

Galiza Non se Vende

S.O.S. MASSÓ

 Na zona mariña de Massó (Cangas – Pontevedra) que pretende estragarse coa construción do porto deportivo faenan arredor de 500 persoas. Dela tense sacado máis dunha tonelada de ameixa nun só día. Pero tamén polbo, camarón, ostra, navalla… Os seus fondos de maërl son especialmente ricos en biodiversidade, dos máis ricos da ría, e constitúen unha zona de alevinaxe de moitas especies.

En terra este proxecto busca especular con 200.000 m2 para a construción de vivendas de luxo, hoteis e un centro comercial. Moitos deses metros cadrados son de dominio público, outros zona industrial e unha boa parte está cualificada como espazo natural protexido: Espazo Natural Barra–Cabo home.

 Desde hai máis de tres anos a oposición veciñal artellada en torno ao Foro Social de Cangas evitou o inicio das obras coa súa presencia e vixianza diaria no lugar para impedir o paso das máquinas, resistindo sempre pacificamente. Tres anos. Tódolos días. Pacífica e pacientemente.

Desde o pasado luns día 25 de maio, seis furgóns da Garda Civil e máis de 20 axentes están a protexer o desenvolvemento dos traballos dunha obra manifestamente ilegal.

 S.O.S. MASSÓ

 ATENTADO ECOLÓXICO

 PERDA DE 500 EMPREGOS NO MAR

 O MÁIS GRANDE PELOTAZO ESPECULATIVO DE GALICIA

PRIVATIZACIÓN DO MAR E O LITORAL

ILEGALIDADE E PREPOTENCIA POR PARTE DE

MARINA ATLÁNTICA

 USURPACIÓN DE TERREOS PÚBLICOS

 BURLA Á ORDENACIÓN URBANÍSTICA

 CARENCIA DE LICENZAS MUNICIPAIS

 ACTUACIÓN MEDIANTE FEITOS CONSUMADOS

TRAMITACIÓN FRAUDULENTA E ACTUACIÓN CORRUPTA DA AUTORIDADE PORTUARIA

UTILIZACIÓN DA GARDA CIVIL CON FINS PRIVADOS ILEGAIS

TRAIZÓN A PROGRAMAS E ACORDOS DE GOBERNO

 ATAQUE AO PEQUENO COMERCIO

 ABANDONO DO PATRIMONIO E DESPREZO

Á NOSA IDENTIDADE

 DEIXAMENTO DE COMPETENCIAS MUNICIPAIS

 DESLEIXO XUDICIAL

 MANIPULACIÓN DA INFORMACIÓN

 CRIMINALIZACIÓN DA OPOSICIÓN AO PORTO

 O momento de paralo é

AGORA

Solidaridade do CCE cos detidos en Cangas

Xuño 1, 2009

cangas2

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol  solidarízase cos tres veciños de Cangas, detidos hoxe pola Guardia Civil, cando manifestaban a súa oposición ao recheo na zona de Punta Balea, dentro do espazo natural de protección de Cabo Home, no Concello de Cangas.

Apoia asemade este Comité ás accións emprendidas polo Foro Social de Cangas, e pola rede Galiza non se Vende, da que forma parte, para deter a irresponsable agresión ambiental  que supón a ilegal construcción do Porto Deportivo de Massó, especulación privada do litoral que é de todos, e que ven a destruir a economía de moitas familias dependentes do aproveitamento laboral e económico do mar.

 EN DEFENSA DO LITORAL  ¡GALIZA NON SE VENDE ¡

¡PLANTA DE GAS FORA DA RÍA!