

Anunciada a entrada do 26º Gaseiro rumbo a REGANOSA
O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ria de Ferrol,
Convoca
CONCENTRACIÓN
Ante o Edificio da Xunta de Galicia
na Praza de Amada García
(xunto a Praza de España de Ferrol)
Mércores, 30 de xullo, ás 8 da tarde
O buque que agardamos é o “LGN Rivers” o que na sua anterior entrada estivo a punto de protagonizar un serio incidente, ao errar o rumbo na bocana da Ría, e ter que repetir a manobra de aproximación, pasando moi perto do baixo das Merloeiras.
Á vez que esperamos resposta ás nosas demandas de explicación deste incidente, este Comité pregúntase:
¿Para cando as nosas Autoridades van ter a valentía de afrontar o gravísimo problema que supón a ubicación da Planta de Gas no interior de Ría, e o risco do contínuo tránsito de gaseiros incumplindo toda a normativa de seguridade establecida?
¿Cando van a acatar as Sentenzas en contra do establecemento e autorización de funcionamento de Reganosa, que de continuo emite o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia?.
¿Que tremenda desgraza ou cantos centos de vítimas terá que haber para que esta demanda sexa escoitada e atendida?
Mentres tanto, este Comité, agora e sempre, como fai 8 anos, seguirá esixindo:
¡¡¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA ¡!!
Acude a Concentración e difunde este comunicado.
Descripción do incidente
Escritos dirixidos a Ministra de Fomento, director Xeral da Mariña Mercante e Capitán Marítimo de Ferrol