Posted tagged ‘Mugardos’

Axudas Económicas ao Comité Cidadán de Emerxencia

Xullo 21, 2022

O CCE continúa recibindo axudas económicas para afrontar os gastos de demandas e denuncias da ilegalidade e perigosidade da Planta de Gas no interior da nosa Ría. Resumo do ingresado:

8 aportacións de 50 € = 400; 6 aportacións de 100 € = 600 ; 1 aportación de 200 = 200; 1 aportación de 185 € = 185;

TOTAL = 1.385 €. Para axudas económicas:
C.c. en Banco Santander,  titular: Luz Marina Torrente e outros
ES 71 00493315772894017995

Alegacións ao Plan de Emerxencia de REGANOSA

Xullo 21, 2022

Onte a A.V. O Cruceiro de Mehá e A.C. Fuco Buxán, en representación do CCE presentaron ante a Dirección Xeral de Emerxencias da Xunta de Galicia, varias alegacións, dentro do prazo de información pública, ao Plan de Emerxencia Exterior para a Planta de Gas de REGANOSA en Mugardos.

A Ecomarcha Ciclista 2022 chegou a REGANOSA

Xullo 21, 2022

Álbum Fotográfico (fotos de Lupe Ces e Fer OM)
https://drive.google.com/drive/folders/1f4m1d-RZuPEv2OPOiYZizQoMV_gx_Gjg?usp=sharing

Hoxe mércores 20 de xullo, una representación do Comité Cidadán de Emerxencia acudíu a Mugardos, para diante da Planta de Gas de Reganosa recibir á Marcha Ciclista de Ecologistas en Acción que co lema “Sempre Mais” recorre Galicia reivindicando causas sociais e ambientais.
Un representante da Ecomarcha 2022, Fixo a presentación do Informe “GNL: Ao caos climático pola vía líquida”, intervindo tamén, en Nome do CCE, para salientar as irregularidades o perigo e o fraude de REGANOSA, o Coordinador Manuel Rodríguez Carballeira, o membro do mesmo Carlos Álvarez e a abogada Patricia Gabearas.
A Continuación tivo lugar un xantar de confraternización no Campo dos Carneiros.
GNL: AO CAOS CLIMÁTICO POLA VÍA LÍQUIDA
10 razóns polas que o gas fósil licuado non é unha opción
https://drive.google.com/file/d/1NqjdRMSxOz_7ksFilSvl_3uekIka_QSP/view?usp=sharing

A Ecomarcha ciclista 2022 de Ecologistas en Acción, chegará a Mugardos

Xullo 18, 2022

Mércores 20 de xullo, ás 13 h. Cruce da Pedreira Mugardos.

A Ecomarcha ciclista 2022 de Ecologistas en Acción, co lema “Sempre Máis”, chegará a Mugardos e será recibida no Cruce da Pedreira polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol e cantas persoas queiran sumarse, para marchar cara á Planta de Gas de Reganosa, onde presentarán o INFORME GNL (Gas Natural Licuado). Logo, no Campo dos Carneiros, celebrarase un xantar de confraternización coas viandas que leve cada quén.

Esta marcha ciclista que comenzou o día 9 en Pontevedra rematará o día 24 en Lugo tras recorrer Santiago, A Costa da Morte (neste próximo 20º aniversario do Prestige), A Coruña, e outras comarcas de Galicia, como a nosa, reivindicando causas sociais e ambientais, como ven facendo desde 2010.

Animádevos a participar.

Nota de Prensa do CCE sobre o Xuizo a funcionarios da Xunta polo dragado da Ría de Ferrol

Outubro 25, 2019

NOTA DE PRENSA

Comezan a aflorar as tramas de corrupción que permitiron e permiten a existencia de Reganosa

Estes días celébrase en Compostela o xuízo contra altos funcionarios da Xunta de Galicia que no ano 2011, ocultaron un informe da propia administración, que dicía que o dragado da Ría de Ferrol  era “ambientalmente incompatible coa conservación dos hábitats e especies protexidas”.

A denuncia interposta pola asociación ecoloxista ADEGA, di que o informe técnico do Servizo de Conservación da Natureza que desaconsellaba a dragaxe nunha zona protexida da Ría de Ferrol foi “reiteradamente ocultado pola Xunta”.

A Fiscalía de Medio Ambiente denunciou o sucedido, iniciando unha investigación na que acusa a Carlos Muñoz, daquela xefe de Servizo de Conservación da Natureza da Coruña, e Rogelio Fernández Díaz, ex-subdirector xeral de Espazos Naturais e Biodiversidade, de falsificar documentos “co único obxectivo de xustificar ante a Fiscalía a non incorporación á Declaración de Impacto Ambiental do informe que debería ter emitido a Dirección Xeral da Natureza” e así poder levar a cabo a dragaxe.

Reganosa acumula un rosario de ilegalidades, corruptelas e tramas, mil veces denunciadas por este Comité. Todo coa colaboración necesaria dunha parte de políticos, institucións e prensa. Irregularidades e ilegalidades que mereceron cinco sentenzas do Tribunal Supremo.

Estes días, despois da 5ª sentenza do Tribunal Supremo; diante do xuízo, onde se xulga un presunto delito de ocultación e falsificación de documentación, onde se inclúe presións a funcionarios por parte de altos cargos da Xunta de Galicia; despois de térense presentado case 300 alegación de grupos políticos, asociacións e particulares, en contra da concesión de novos permisos, oímos voces da clase política e empresarial, apoiando a continuidade da Planta na Ría de Ferrol, e se verten na prensa calumnias contra este Comité.

Reganosa conseguiu até agora burlar a xustiza, porque para esta instalación as sentenzas non están para cumprirse. O tempo vai demostrando, tras máis de 20 anos de loita e denuncia, que Reganosa, ademais de ilegal e perigosa, é o maior caso de corrupción político-económica da historia recente do noso país, que comezou co pelotazo urbanístico do Grupo Tojeiro, embolsándose perto de 30 millóns coa recalificación e venda dos terreos.

Reganosa é tamén o exceso que pagamos na factura da luz e o gas (700 millóns de euros que levamos pagado pola súa baixa actividade). Agora que o sistema gasista, sinala a Reganosa como innecesaria, o Supremo como ilegal, e un sector da poboación coas súas organizacións ao frente a sinalan como perigosa, é o momento de paralizala e esixir responsabilidades a quen permitiu esta barbaridade.

Ferrol a 25 de outubro de 2019