Posted tagged ‘Mugardos’

Entrada Gaseiro nº 158

Novembro 16, 2013

Estando prevista a entrada na Ría do gaseiro cargado con GNL, nº 158 “Valencia Knutsen”

o Comité Cidadán de Emerxencia, convoca

CONCENTRACIÓN

Lúns, 18 Novembro 2013, ás 19 hs,

diante Edificio Admvo. Xunta de Galicia

Praza Amada García – Ferrol

Características do buque:

Nome.- Valencia Knutsen, Bandeira.- España, Eslora.- 290 m, Manga.- 45.8 m, Puntal.-26.5 m, Calado.- 11.95 m, Capacidade.- 173.410 m³ de GNL

PLANTA DE GAS: PECHE XÁ !

Accidente en Planta fertilizantes – Texas

Abril 20, 2013

Waco1

O pasado dia 17, produciase no pobo de West (Texas-USA) a explosión dunha planta petroquímica , até agora e de xeito provisional van contabilizados 35 mortos e cerca de 200 feridos asi como unha gran cantidade de casas derrubadas. Non hai moito, os donos da empresa realizaran un informe, para a Axencia de Medioambiente, e nel se aseguraba a ausencia de riscos dunha explosión ou dun escape. Hoxe atopámonos coa triste realidade dunha nova traxedia.

Sérvenos de aviso para esixir o cese da actividade da planta de Reganosa, unha instalación ilegal – sentenza do Supremo do pasado 11 de Maio – e con una capacidade letal infinitamente superior á planta de fertilizantes que acaba de estoupar en Texas.

A planta de Reganosa almacena 150.000 tons de GNL, cunha equivalencia enerxética a 120 bombas atómicas como as lanzadas polos norteamericanas sobre Hiroshima, e está ubicada a carón dun complexo petroquímico – Forestal – a escasos 100 metros das vivendas de Meha, a 800 do Arsenal Militar, etc etc. A explosión ou fuga levaria por diante a vida de miles de persoas. É por iso a batalla inclaudicable do CCE na sua esixencia do cese da actividade de Reganosa antes de que se produza unha previsible traxedia.

¡Reganosa ilegal e perigosa¡

¡Planta de Gas fóra da Ría¡

Máis información:

El Mundo.América.

ABC.es

A Concentración de hoxe

Febreiro 17, 2013

DSC03192

Álbum Fotográfico e intervención do Coordinador do CCE, Manuel Rodríguez Carballeira, na Concentración pola entrada ilegal dun vello gaseiro de 32 anos de antiguedade, rumbo a Reganosa, que fai o nº 135 dos que cargados de GNL navegan na nosa Ría, ameazando as nosas vidas.

Ir a descargar

Visita da Delegación do Parlamento Europeo

Febreiro 13, 2013

R0069766-enHaut

foto: http://www.enhaut.org

Álbum fotográfico 1

 Álbum fotográfico 2

Documento entregado á Delegación

Nota Informativa

Valoracion do CCE ante visita á Ría da Delegacion do Parlamento Europeo

No dia de hoxe, o CCE xunto con representantes das Confrarias acompañou a delegacion dos parlamentarios Europeos no seu percorrido pola Ría, desprazándose a ver, in situ, a instalación da planta de gas de Reganosa e a ensenada da Gándara. Posteriormente realizouse una xuntanza onde tomaron a palabra, membros titulares da Comision, representantes do CCE e representantes da Xunta, namentras tiña lugar unha concentración convocada polo Comité demandando o peche da planta, e queiran oun eso e corrupción.

Fronte as instalacións de Reganosa, os membros do CCE, (Manuel Rodríguez Carballeira, Coordinador, Luz Marina Torrente, da A. VV de Mehá, Humberto Fidalgo, de ADEGA, e Bernardo Bastida, exPatron Maior da Confraría de Ferrol) explicaron a situación de ilegalidade da planta tras a sentenza do Supremo, a perigosidade da mesma, a ameaza que supón para a cidadanía, o incumprimento de toda a lexislación medioambiental e de seguridade. A continuada destrucion da Ría como consecuencia do uso fraudulento da auga do mar no proceso de regasificación, o recheo ilegal no que se asenta Reganosa, todo coa compliciade institucional nos diferentes escalóns, nos enganos da Xunta de Galicia que ten autorizado – a Reganosa e Forestal do Atlántico – o verquido de 400.000 toneladas diarias á Ría afectando drásticamente a redución das capturas de marisco. Aclarouse tamen que a planta é innecesaria, que a media de producion está sobre o 30%, que manteñen o gasoducto de Tui pechado, que nos costa aos cidadáns perto de 60 millóns de euros o ano. Diante da ensenada da Gándara o Patrón Maior da Confraria de Ferrol amosóulles os efectos dos verquidos a Ria

O CCE fixo entrega ao Presidente da Comisión dun amplo dossier informativo sobre a Planta de Gas, fotografías e mais un exemplar a cada un dos parlamentarios do libro “Muros de silencio: Corrupción e ameaza na Ria de Ferrol, o caso Reganosa”. Explicóuselles que a reubicación da planta no interior, estando programada no Porto Exterior, obedece a un caso de corrupción politicio-financieira..

Os membros da Delegacion quedaron abraidaos ante o que veron, incluso na Reunion chegaron a preguntar se non había alguén procesado, diante de tal barbaridade, preguntaron polo tema da sguridade e como fora posible tamaño dislate, estando presente a delegación da Xunta de Galicia. A delegación europea tomou boa nota, reconocendo que a realidade do que viran sobrepasaba todo o que podían imaxinar.

O CCE , a partires do documento entregado, fara unha nova ampliazón da denuncia ante a Comisión de Peticións, demandando o peche de Reganosa.

O CCe valora positivamente a visita da Delegación Europea , apesares dos anos transcorridos desde Novembro de 2001 cando una representación do CCE se despalzou a Bruselas.

O CCE tamen quere constatar, que fracasou o intento de ocultar a maior ameaza mediambinetal e para a seguridade das persoas que supón a planta de Reganosa. O paradigma da corrupción dos ultimos anos, sendo precisamente a denuncia 1322/2007, presentada polo CCE, Confraría de Ferrol e IU, o obxeto central da visita.

¡ PLANTA DE GAS FÓRA DA RÍA !

Reganosa : Deficitaria

Xuño 27, 2012

Segundo datos publicados polo Xestor Tecnico do Sistema Gasista (da Comisión Nacional da Enerxía), a planta de Reganosa entre xaneiro de 2011 e xaneiro de 2012 estivo 260 días por debaixo do mínimo técnico e 65 días no mínimo técnico. Unha vez máis se demostra o carácter deficitario desta instalacion. Unha instalacion ilegal, por sentenza inapelable do Tribunal Supremo, amáis de perigosa e que nos supuxo un custo , durante o 2011, de preto de 58 millóns de euros á cidadanía.

INFORME DO XESTOR TÉCNICO