Posted tagged ‘néboa’

Outra vez a néboa …

Outubro 20, 2008

A néboa, por segunda vez en menos dunha semana, impediu esta mañá a entrada a Reganosa, do “LNG Madrid Spirit” coa súa carga de gas natural licuado.
Outra vez terá que fondear na ría de Ares, co risco consiguiente para as poboacións daquela contorna, ata a próxima pleamar diurna de mañá, se para entón as condicións de visibilidad permíteno.
Outra vez en poucos días, voltamos plantexar os temores que o pasado xoves manifestabamos, e así sucesivamente, ante cada entrada dun buque na nosa Ría.
Por cada entrada anunciada – teña lugar ou non – este Comité Cidadán de Emerxencia, seguirá convocando á CONCENTRACIÓN, para manifestar a Autoridades e cidadanía, o perigo permanente a que estamos expostos, pola ilegal ubicación da Planta de Gas, e para seguir esixindo:

¡ PLANTA DE GAS FORA DÁ RÍA ¡

 

Pleamar día 20: 8,49 e 21,31 h.         Pleamar día 21:  10,02 e 22,58 h.

Isto diciamos fai só 4 días:

 

“Onte, 16 de outubro, non lle foi posible ao LNG “EDO” arribar a Reganosa.  Uns minutos antes da pleamar, encheuse de néboa a boca e o interior da Ría, desistindo o buque da manobra de aproximación, e retrasando a súa entrada á próxima marea diurna.

A aparición da néboa nas nosas augas surxe de súpeto moitas veces .

Preguntámonos que pasaría, se esta circunstancia se dera xa inciada a entrada no canal. Co buque entre castelos, e sen visibilidade, sería probable que encallara.

¿Cal sería a reacción da poboación circundante, ó saber que un barco cargado de GNL, unha bomba flotante, estaba accidentado e próximo as nosas casas?.

¿Ou se por causa grave tivera que abandoar a ría e se pechara de néboa nese momento?

¿Saberían as nosas Autoridades que decirnos?.¿Saberíamos nos que facer?……”

Novo risco potencial na Ría de ferrol

Outubro 17, 2008

Onte, 16 de outubro, non lle foi posible ao LNG “EDO” arribar a Reganosa.  Uns minutos antes da pleamar, encheuse de néboa a boca e o interior da Ría, desistindo o buque da manobra de aproximación, e retrasando a súa entrada á próxima marea diurna.

A aparición da néboa nas nosas augas surxe de súpeto moitas veces .

Preguntámonos que pasaría, se esta circunstancia se dera xa inciada a entrada no canal. Co buque entre castelos, e sen visibilidade, sería probable que encallara.

¿Cal sería a reacción da poboación circundante, ó saber que un barco cargado de GNL, unha bomba flotante, estaba accidentado e próximo as nosas casas?.

¿Ou se por causa grave tivera que abandoar a ría e se pechara de néboa nese momento ¿

¿Saberían as nosas Autoridades que decirnos?.¿Saberíamos nos que facer?………..