Posted tagged ‘O Cruceiro de Mehá’

Celebrada, con éxito, a XI Marcha a Pé Ferrol Mugardos

Xuño 3, 2017

ÁLBUM FOTOGRÁFICO

Onte celebrouse a XI Marcha a Pé Ferrol-Mugardos, un dos actos emblemáticos que o Comité Cidadán de Emerxencia ven convocando ininterrumpidamente desde o 2007 para denunciar a ilegalidade, o perigo para a vida e a contaminación da Ría de Ferrol, a causa da corrupción que ubicou e segue a manter a Planta de Gas no seu interior.

Comenzou, como é tradicional, ás 17 horas, no Parque Carmelo Teixeiro de Caranza e rematou na A. VV. “O Cruceiro” de Mehá en Mugardos pouco despois das 20 horas, onde houbo breves intervencións de Luz Marina Torrente, Presidenta da Asociación Veciñal, de Lupe Cés, membro do CCE e de Manuel Rodríguez Carballeira, Coordinador do mesmo, valorando a xornada e a situación actual da Planta tras catro sentenzas do Supremo na súa contra. A continuación o personal dedicóuse a repoñer forzas coas viandas alí preparadas por esta Asociación veciñal que tanto leva feito na defensa da vida e da ría, xa de moito antes daquel peche de 111 días que protagonzaran no Concello de Mugardos en 2007.

Durante o traxecto, en Maniños, o noso Coordinador, “Lalan”, tivo oportunidade de participar no Programa “Radio FilispiM vai ao Cine Adriano”, explicando o porqué da Marcha e as circunstancias da amenaza e corrupción de REGANOSA. Programa que se emitirá hoxe sábado ás 19 horas, no dial 93.9 FM.

Tamén os compañeiros Jorge Mirancos e Celso Posada, do programa “Directo de Esquerdas”, que emiten os martes ás 21,30 hs, en Rádio FilispiM (93.9 FM), ao tempo que participaban na Marcha a Pé, realizaron numerosas entrevistas que publicarán nunha próxima emisión.

O CCE agradece a todas e todos a súa participación e apoio a este evento.

¡PLANTA DE GAS: PECHE XÁ!

Advertisements