sábado 7 de Febreiro de 11 a 13 horas,
“O Recuncho”
(o Programa radiofónico da A.C. Fuco Buxán)
emite Rádio FilispiM ( 93.9 FM )
en diferido: www.recunchofuco.blogspot.com
Neste programa nº 9, destacan os seguintes contidos.
– Prestaremos gran atención a homenaxe que se lle brinda o mesmo 7 de Febreiro a Carmelo Teixeiro, un dos fundadores do Comité Cidadán de Emerxencia e de Fuco Buxán, falecido hai un ano.
– Seguiremos falando de Palestina, así coma das movilización que houbo en Madrid en apoio o goberno cubano, en resposta o acto apoiado por Esperanza Aguirre en contra da revolución cubana.
-En directo, no plató, Gerardo, traballador de Asfedro, a asociación de axuda aos drogodependentes, o cal nos falará da situación actual de Ferrolterra e falaranos de cal é o traballo da asociación.
-Escoitaremos ao compañeiro da corriente marxista internacional El militante, Miguel Campos. Estivo falando para Radio Filispim da súa estancia en Venezuela e dando datos de cómo se atopa o país, en pleno proceso revolucionario.
– Tamén, por suposto, falaremos con veciños afectados polos cortes de luz de Fenosa, despois do temporal que pasou pola comarca.