Posted tagged ‘perigo’

Reganosa cerrou o “grifo”, desde o día 22 de decembro por motivos de seguridade

Decembro 25, 2010

Datos recollidos de ENAGAS

Situación de Operación Excepcional-Nivel cero
Réxime de produción na Planta de Reganosa
Debido aos atrasos acumulados na data de chegada e descarga dun buque metanero, de 72.000 m3, á planta de REGANOSA, data prevista agora para a tarde do día 24 de decembro, as existencias dalgúns usuarios nesta planta son inferiores a tres días da súa capacidade de regasificación contratada, sendo as existencias do conxunto dos usuarios inferiores a dous días do total da capacidade contratada.
A posibilidade desta situación, que incorre nos casos previstos na Regra 1ª-3 do Plan de Actuación Invernal para a operación do sistema gasista, foi anunciada repetidas veces aos usuarios afectados.
Analizada a situación xeral do sistema gasista, non existe a posibilidade de solucionar os efectos destes atrasos co desvío doutro buque. Xa se interveu en programacións anteriores para facilitar a dispoñibilidade do buque citado. (Ver Nota de Operación Nº 34).
Por todo iso, ante a eventualidade de que o buque citado non puidese descargar o día 24, atrasándose neste caso a manobra até os días 27 ó 28 de decembro por causa dos horarios de mareas na ría de Ferrol, informado e en coordinación co titular da instalación, declárase:
SITUACIÓN DE OPERACIÓN EXCEPCIONAL – NIVEL CERO
Establecemento dun réxime de produción restrinxido na planta de REGANOSA de 125.000 Nm3/h durante 12 horas diarias, permanecendo o resto do tempo sen emisión, desde as 23 horas do día 22 de decembro, até a data efectiva de descarga do buque, co fin de manter unhas existencias mínimas operativas que garantan a seguridade do sistema na zona noroeste.
As comercializadoras afectadas deberán axustar as súas programacións ás súas existencias reais de gas na planta.
Mantense a atención a toda a demanda programada.

http://www.enagas.es/cs/Satellite?blobcol=urldata&blobheader=application%2Fpdf&blobkey=id&blobtable=MungoBlobs&blobwhere=1146251986734&ssbinary=true

Novo risco potencial na Ría de ferrol

Outubro 17, 2008

Onte, 16 de outubro, non lle foi posible ao LNG “EDO” arribar a Reganosa.  Uns minutos antes da pleamar, encheuse de néboa a boca e o interior da Ría, desistindo o buque da manobra de aproximación, e retrasando a súa entrada á próxima marea diurna.

A aparición da néboa nas nosas augas surxe de súpeto moitas veces .

Preguntámonos que pasaría, se esta circunstancia se dera xa inciada a entrada no canal. Co buque entre castelos, e sen visibilidade, sería probable que encallara.

¿Cal sería a reacción da poboación circundante, ó saber que un barco cargado de GNL, unha bomba flotante, estaba accidentado e próximo as nosas casas?.

¿Ou se por causa grave tivera que abandoar a ría e se pechara de néboa nese momento ¿

¿Saberían as nosas Autoridades que decirnos?.¿Saberíamos nos que facer?………..