Posted tagged ‘plan urbanismo Mugardos’

O CCE presenta alegacións a Modificación Puntual de Punta Promontoiro

Novembro 9, 2011

O Comite Cidadan de Emerxencia, diferentes entidades ecoloxistas asi como veciños veñen de presentar as correspondentes alegacions contra a Modificacion Puntual de Punta Promontoiro a traves da cal o Cocello de Mugardos pretende acadar a legalizacion da Planta de Gas de Reganosa , catro anos despois da sua entrada en funcionamento.

Nestes momentos a excusa é a pretension dos promotores de Reganosa de Ampliar a capacidade da planta, o que non se sustenta na demanda do consumo actual nin futura, en realidade innflan a burbulla enerxetica para aumentar os seus beneficios. Outra aportacion que fai a modificacion e a de” integrar” os tanques na paixase, pintandoos de raias. Debemos lembrar que a modificacion actual esencialmente coincide coa aprobada xa polo Concello no 2003 que, foi declarada ilegal por sentencia do TSXG.

A planta de Reganosa incumpre coa lexislación anterior a 2003 e coa lexislación posterior a esta data. A planta de gas de Reganosa é unha instalación perigosa, unha ameaza para a vida de miles de cidadáns e cidadás, que desvaloriza o Patrimonio e destrúe o ecosistema da Ría. Os seus defectos son insubsanabeis. O entorno medioambiental de Punta Promontoiro, é incompatible co uso da actividade da planta de gas, por tanto a modificación puntual non procede.

 LER TEXTO COMPLETO DA ALEGACIÓN

 PLANO QUE A ACOMPAÑA