Posted tagged ‘Planta de Gas’

Setembro 23, 2011

Prevista a entrada na Ría, do gaseiro cargado con GNL, nº 101, o Comité Cidadán de Emerxencia convoca:

 CONCENTRACIÓN

Lúns, 26 de setembro 2011, ás 20 horas

Praza de Amboaxe – Ferrol

(Ver mapa)

Características do buque:

Nome.- Gemmata, Bandeira .- Singapur, Eslora.- 290 m, Manga.- 46,28 m, Calado.- 11.36 m, Puntal.- 25.5 m, Capacidade.- 138.104 m3,

 ¡ PLANTA DE GAS FORA DA RIA !

 

Reganosa: Vellas mentiras e novos negocios.

Xullo 15, 2011

Nota de Prensa do CCE

 Reganosa: Vellas mentiras e novos negocios.

 Diante das novas, sobre Reganosa, aparecidas o pasado día 13 no xornal A Voz de Galicia. O Comité Cidadán de Emerxéncia fai as seguintes consideracións:

 Dende a súa constitución REGANOSA, pola connivencia dos seus socios, faltou á verdade ao respeito da necesidade da planta en Galicia, falseando os datos para acreditar a súa viabilidade económico -financeira.

 Co único fin de cumprir (só formalmente), co 4º requisito necesario para obter a autorización de construción e o preceptivo Vº Bº da CNE, os socios de Reganosa comprometéronse a construir catro centrais de ciclo combinado; Fenosa dous ciclos de 400 MW cada un e Endesa outros dous nas Pontes, con un consumo anual de 1.600 millóns de m³/ano de gas natural, aos que habría que agregar un consumo adicional das empresas de nova creacion do grupo Tojeiro de 500 millóns de m³/ano.

 A realidade é que o grupo Tojeiro non consume gas, porque as empresas non se fixeron, e os ciclos combinados (700 millóns de euros de inversion)cando non estan parados traballan ao ralentí. (máis…)

O 85 Gaseiro tampouco pode entrar na ría

Febreiro 15, 2011

Premer na foto,para ollar o álbum

Aparte do mal tempo na costa ,que imposibilitaba a entrada na ría do gaseiro “SCF Polar”,o verdadeiro motivo polo que non entrou,é que o gaseiro nº “Cheikh el Mokrani”(nº84),que tiña que descargar o venres,non poido facer a sua entrada ata onte,día que tiña a entrada o “SCF Polar”(nº85).

E mañá terá que esperar a que mellore o tempo,e que o “Cheikh el Mokrani” abandoe o peirao de Reganosa.

Estes intentos errados e os consecuentes días de espera en mar aberto, (sucede a 1 de cada 4 gaseiros), poñen en evidencia a reubicacion interesada –estaba prevista instalar no Porto Exterior- da Planta de Reganosa por parte dos seus promotores e supoñen un importante custo engadido ao gasto de transporte do GNL, que estamos a pagar toda a cidadanía nas tarifas de gas e electricidade.
Urxe parar esta planta perigosa, ilegal e innecesaria, e volver á subministración a través dos gasodutos existentes que agora manteñen pechados en beneficio dos socios de Reganosa.

¡¡POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA !!
¡¡CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA !!

¡¡PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!

venres 21 Entrada gaseiro nº 82

Xaneiro 20, 2011

 

Prevista a entrada na Ría dún vello gaseiro (con 34 anos de antiguedade) que fará o nº 82, cargado con GNL, o Comité Cidadán de Emerxencia, convoca

CONCENTRACIÓN

Venres, 21 de xaneiro 2011, ás 19 hs,

diante do Edificio da Xunta de Galicia

(Praza Amada García – Ferrol)

características :

Nome.- LNG Lagos, Bandeira .- Bermuda, – Ano construcción.- 1976, – Capacidade.- 122.000 m³ – Eslora.- 274.42 m, – Manga.- 42 m, – Puntal.- 27.77 m, – Calado.- 11.8 m

¡PLANTA DE GAS FÓRA DA RÍA!

REGANOSA

Outubro 11, 2010

 Amadeo Varela

Hai algúns días, os medios de comunicación trouxeron dúas noticias que, estando relacionadas entre si, poderíanse considerar contraditorias.  Unha é a de que varios accionistas de Reganosa, entre eles tres entidades bancarias, vendían as accións que posuían; a outra, a de que a Xunta vai mercar parte das accións que as outras venden.

Este asunto de compravenda de accións non tería maior comentario, por seren operacións relativamente frecuentes no mundo das finanzas. Mais neste caso concreto conflúen circunstancias un pouco raras, e xa que logo, convén profundizar un pouco no tema por mor de tentar atopar respostas a varias preguntas que poderían xurdir, como por exemplo: ¿É verdade que a mentada planta produce importantes beneficios? E pola outra, ¿terán razón os que afirman que a planta non é rendable  e que produce perdas? Se hai beneficios, ¿por qué venden os bancos? E se hai perdas, ¿por qué compra a Xunta?  Para un observador pouco entendido, a deserción das entidades bancarias parécese a unha fuxida ante o presentimento dun próximo e inevitable naufraxio “do negocio”. E por parte dos responsables da Xunta, a súa actitude nestes tempos de crise, parécese á do cazador que “dispara coa pólvora do Rei”, co pretexto de manter a galeguidade da empresa.

Mais manter esa galeguidade dunha empresa con perdas, significa galeguizar esas perdas, para pagalas entre todos os galegos.

Eu coido que non acertan os da Xunta e que non hai beneficios, porque se os houbese, ¿por qué non mercan eles as accións cos seus propios cartiños? Eis a pregunta clave.

Artigo publicado en DIARIO DE FERROL