Posted tagged ‘Rádio FilispiM’

Celebrada, con éxito, a XI Marcha a Pé Ferrol Mugardos

Xuño 3, 2017

ÁLBUM FOTOGRÁFICO

Onte celebrouse a XI Marcha a Pé Ferrol-Mugardos, un dos actos emblemáticos que o Comité Cidadán de Emerxencia ven convocando ininterrumpidamente desde o 2007 para denunciar a ilegalidade, o perigo para a vida e a contaminación da Ría de Ferrol, a causa da corrupción que ubicou e segue a manter a Planta de Gas no seu interior.

Comenzou, como é tradicional, ás 17 horas, no Parque Carmelo Teixeiro de Caranza e rematou na A. VV. “O Cruceiro” de Mehá en Mugardos pouco despois das 20 horas, onde houbo breves intervencións de Luz Marina Torrente, Presidenta da Asociación Veciñal, de Lupe Cés, membro do CCE e de Manuel Rodríguez Carballeira, Coordinador do mesmo, valorando a xornada e a situación actual da Planta tras catro sentenzas do Supremo na súa contra. A continuación o personal dedicóuse a repoñer forzas coas viandas alí preparadas por esta Asociación veciñal que tanto leva feito na defensa da vida e da ría, xa de moito antes daquel peche de 111 días que protagonzaran no Concello de Mugardos en 2007.

Durante o traxecto, en Maniños, o noso Coordinador, “Lalan”, tivo oportunidade de participar no Programa “Radio FilispiM vai ao Cine Adriano”, explicando o porqué da Marcha e as circunstancias da amenaza e corrupción de REGANOSA. Programa que se emitirá hoxe sábado ás 19 horas, no dial 93.9 FM.

Tamén os compañeiros Jorge Mirancos e Celso Posada, do programa “Directo de Esquerdas”, que emiten os martes ás 21,30 hs, en Rádio FilispiM (93.9 FM), ao tempo que participaban na Marcha a Pé, realizaron numerosas entrevistas que publicarán nunha próxima emisión.

O CCE agradece a todas e todos a súa participación e apoio a este evento.

¡PLANTA DE GAS: PECHE XÁ!

Advertisements

Programa de radio en recordo de Carmelo Teixeiro

Febreiro 6, 2009

anagrfilispim93_9fmorecuncho

sábado 7 de Febreiro  de 11 a 13 horas,

“O Recuncho”

(o Programa radiofónico da A.C. Fuco Buxán)

 

emite Rádio FilispiM  ( 93.9 FM )

 

en diferido:  www.recunchofuco.blogspot.com

 

Neste programa nº 9, destacan os seguintes contidos.

 

– Prestaremos gran atención a homenaxe que se lle brinda o mesmo 7 de Febreiro a Carmelo Teixeiro, un dos fundadores do Comité Cidadán de Emerxencia e de Fuco Buxán, falecido hai un ano.

 

– Seguiremos falando de Palestina, así coma das movilización que houbo en Madrid en apoio o goberno cubano, en resposta o acto apoiado por Esperanza Aguirre en contra da revolución cubana.

 -En directo, no plató, Gerardo, traballador de Asfedro, a asociación de axuda aos drogodependentes, o cal nos falará da situación actual de Ferrolterra e falaranos de cal é o traballo da asociación.

 -Escoitaremos ao  compañeiro da corriente marxista internacional El militante, Miguel Campos. Estivo falando para Radio Filispim da súa estancia en Venezuela e dando datos de cómo se atopa o país, en pleno proceso revolucionario.

 – Tamén, por suposto, falaremos con veciños afectados polos cortes de luz de Fenosa, despois do temporal que pasou pola comarca.