Posted tagged ‘ría de ferrol’

O CCE recurre ante o T.Supremo o acordo do Goberno eximindo a REGANOSA da Evaluación de Impacto Ambiental

Xullo 28, 2016

005.Complejo Petr Y Tanques Reganosa IMG_6891

O pasado día 26, a Asesoría Xurídica deste Comité Cidadán de Emerxencia presentou, ante o Tribunal Supremo, Recurso Contencioso Administrativo, contra o acordo do Goberno do PP que excluía a REGANOSA do trámite de Evaluación do Impacto Ambiental.

Solicítase a declaración de nulidade deste acordo e a paralización inmediata das actividades da Planta, como consecuencia das anteriores Sentenzas anulatorias da Autorización Admva. Previa, Autorización de Funcionamento e Plan de Emerxencia Exterior. 

A la Sala SUPLICO: tenga por interpuesto recurso contencioso administrativo contra el referido “Acuerdo del Consejo de Ministros de 27 de mayo de 2016, por el que se declaran excluidos del trámite de evaluación de impacto ambiental a los proyectos de la planta de recepción, almacenamiento y regasificación de gas natural licuado en Mugardos, A Coruña” en todo su contenido, y que una vez desarrollado el cauce procesal necesario, se procesa a:

Declarar la nulidad del Acuerdo del Consejo de Ministros recurrido y de todos aquellos actos que tenga causa en el Acuerdo declarado nulo, incluyendo cualesquiera autorizaciones que le hayan sido otorgadas a REGANOSA con base en el Acuerdo del Consejo de Ministros y, en consecuencia, sin haber superado la correspondiente evaluación ambiental, en la que se debe incluir en todo caso la alternativa 0, esto es la paralización inmediata de la planta como consecuencia de las Sentencias de 28 de marzo y de 25 de abril de 2016, que declararon nulas las autorizaciones previa y de construcción de la instalación de REGANOSA, y ordenar de manera inmediata y expresa la paralización de la actividad en la planta de regasificación.

Es Justicia que pido en Madrid, a 26 de julio de 2016.”

VER O TEXTO COMPLETO DA DEMANDA

Reganosa baixa a súa produción

Xuño 13, 2014

RegMaio14

Segundo o publicado por Enagas –Xestor Tecnico do sistema gasístico- a producion de gas pola Planta de Reganosa no mes de maio foi do 16%, unha disminución do 57% respecto do mismo mes do 2013.
Confirmando asi o que ven denunciando o Comité Cidadán de Emerxencia: A Planta de Gas de Reganosa, aparte da súa ilegalidade e ameaza para a poboacion, nos costa perto de 60 millons €/ano, e forma parte do chamado ”déficit tarifario” que no caso do gas acada os 700 millons de euros i e utilizado polas empresas enerxeticas, neste caso os promotores de Reganosa, coa complicidade dos gobernos de turno, para timar a cidadanía a través das tarifas eléctricas e do gas.
Ademais esta realidade, vén a demostrar as falsidades aducidas no seu momento polos promotores da planta de Reganosa para acadar a autorización de construcción: “era necesaria para subministrar gas aos ciclos combinados”, a sabendas de que o gasoducto de Tui tiña a capacidade suficinte para elo. Se construiron 3 ciclos cunha inversión de 700 millóns de euros que, a maior parte do tempo, están parados e desde o 2007 manteñen pechado o gasoducto de Tui..
A planta de gas de Reganosa e produto dún caso gravísimo de corrupción financieira e política, que ademais incumple a máis básica normativa de seguridade industrial e medioambiental estatal i europea. Os problemas que plantexa a Planta de Reganosa, resultado da corruptela, son insubsanabeis. Por elo, a planta debe desaparecer da Ría.

Maio 7, 2014

A Xunta e Reganosa querennos dar gato por lebre

Ferrolterra vive en estado de emerxencia coa taxa de paro máis alta de Galicia, única cidade galega onde a taxa de paro (30.7%) supera á de ocupación (29.4%), segundo a EPA publicada polo INE, e o pequeno comercio pecha en cascada. Ademais da ameaza que pende sobre Navantia, por riba de que 3.500 traballador@s das auxiliares xa foron despedidos, por mor da política de baleirado de gradas do Goberno do PP para xustificar o seu desmantelamento.
A piques de entrar na campaña electoral, o Goberno apraza a aplicación dunha nova volta de torca (recortes das pensións, subida do IVE, nova reforma laboral, desmantelamento de Navantia), e non deixa de bombardearnos co discurso do fin da crise. O Pte. do Goberno amosa a súa satisfacción, a pesar dos datos demoledores da EPA.
Para non ser menos na nosa comarca, a Xunta de Galicia, Autoridade Portuaria, Reganosa e Navantia, nos anuncian un novo ” revulsivo” para Ferrolterra: “Ferrol converterase no centro mundial de Referencia de subministro de Gas aos buques”, recordándonos a campaña levada no seu momento para relocalizar a planta de gas no interior da Ria, que ía relanzar a comarca, creando unha morea de postos de traballo.
Nunha situación de emerxencia como a que está sumida esta comarca, a Xunta, Reganosa e Navantia, non nos anuncian o dique flotante, nin barcos nas gradas. Non, iso non, mellor construílos en Asia, como así decidiu Gas Natural-Fenosa, un dos socios principais de Reganosa. Para nós deixan o máis “importante”: o perigo da planta e o trasfego dos gaseiros cargados na Ria.
Tampouco a Xunta nos anuncia fondos públicos para un plan de emprego, nin un plan de recuperación da Ria, rematando con todos os verquidos, e as agresións (bunkering, ocupación enseada da Malata, dragado e dinamitado a canle de entrada etc etc).
Non nos anuncian o remate do timo ao que Reganosa somete aos cidad@s, 60 millóns ao ano a cambio de destruír a Ria cun sistema fraudulento de regasificación.
En definitiva, non nos anuncia o peche dunha instalación ilegal. Non nos anuncian o cumprimento da sentencia do Supremo para que deixe de ser unha ameaza para a poboación, nin o remate da corruptela de Reganosa. Non nos anuncian a apertura do gasoduto de Tui, que antes nos subministraba gas e que manteñen pechado para xustificar o timo de Reganosa.
Non, a Xunta de Galicia non ven a afrontar a situación de emerxencia desta comarca, promovendo o emprego, carga de traballo, sanear a Ria…; non, a Xunta ven dar cobertura á bomba de Reganosa, a seguir destruíndo a Ria, e anunciando máis merda e corrupción.
Ferrol a 06-05-2014

Comité Cidadán de Emerxencia

para a Ría de Ferrol

O conflicto dos mariscadores

Urbanización y Privatización en el litoral de la Ría de Ferrol

Novembro 16, 2013

 

cheikhelmokrani2-102-copia

Convidámosvos a coñecer o importante traballo sobre a Ría de Ferrol realizado polo profesor Jerónimo Bouza Vila, Doutor en Historia, (Antropoloxía Cultural).

 

URBANISMO Y PRIVATIZACIÓN EN EL LITORAL DE LA RÍA DE FERROL

 

Publicado en Revista de Bibliografía y Ciencias Sociales. Universidad de Barcelona. Noviembre 2013.

 

Entrada á publicación.

 

Entrada Gaseiro nº 158

Novembro 16, 2013

Estando prevista a entrada na Ría do gaseiro cargado con GNL, nº 158 “Valencia Knutsen”

o Comité Cidadán de Emerxencia, convoca

CONCENTRACIÓN

Lúns, 18 Novembro 2013, ás 19 hs,

diante Edificio Admvo. Xunta de Galicia

Praza Amada García – Ferrol

Características do buque:

Nome.- Valencia Knutsen, Bandeira.- España, Eslora.- 290 m, Manga.- 45.8 m, Puntal.-26.5 m, Calado.- 11.95 m, Capacidade.- 173.410 m³ de GNL

PLANTA DE GAS: PECHE XÁ !

O bunkering. A destruzón sistemática da Ría

Agosto 15, 2013

 

A Autoridade Portuaria de Ferrol-S.Cibrao ven de autorizar un servizo móbil de repostaxe de combustible aos navíos na Ria de Ferrol. Unha nova agresion dende unha institucion -a Autoridade Portuaria-, cando unha das súas funcións é a protección e que ven a sumarse ás perpetradas ao longo dos ultinos anos: Reubicación da planta de gas no interior da Ria, dinamitado da súa canle, pretensión de levar o ferrocarril pola enseada da Malata, autorizar a Forestal e Reganosa o verquido de 400.000 Tons/dia de augas residuais sen depuracion previa, permitir o tráfico ilegal de gaseiros, etc etc., reflicten o carácter ecocida do PP, instrumento politico por antonomasia do capitalismo mais depedrador.

Urxe a súa expulsión das Institucións.

Máis información:

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/08/09/galicia/1376076620_854995.html

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/08/14/galicia/1376517055_707781.html

http://www.diariodeferrol.com/articulo/galicia/psdeg-reclama-prohiba-repostar-ria-ferrol-gibraltar/20130815022841055678.html

Explosión de gas en México

Maio 7, 2013

 

1367940047_620612_1367940256_album_normal

Fai poucas horas, en Ecatepec (México) un camión cisterna que transportaba gas licuado, por unha autopista estatal, colisionou e produxo unha gran explosión, orixinando a morte, polo momento, de 23 persoas e feridas a cerca de 40.

Nun radio de 500 metros causou a destrución de decenas de vivendas e afectou a un centro educativo.

Ante estes casos, por forza temos que pensar nas tráxicas consecuencias que suporían para a nosa comarca de producirse un accidente grave na Planta de Gas de Reganosa – cun volume de almacenamento de 150.000 Tm, – o que equivale a varios milleiros de camións cisterna.

Desde o CCE, pola seguridade de todos e todas, exiximos, unha vez máis, das Administracións a paralización da actividade de Reganosa, en execución da Sentenza do Tribunal Supremo que ratificou a ilegalidade do seu emplazamento.