Posted tagged ‘ría de ferrol’

Maio 7, 2014

A Xunta e Reganosa querennos dar gato por lebre

Ferrolterra vive en estado de emerxencia coa taxa de paro máis alta de Galicia, única cidade galega onde a taxa de paro (30.7%) supera á de ocupación (29.4%), segundo a EPA publicada polo INE, e o pequeno comercio pecha en cascada. Ademais da ameaza que pende sobre Navantia, por riba de que 3.500 traballador@s das auxiliares xa foron despedidos, por mor da política de baleirado de gradas do Goberno do PP para xustificar o seu desmantelamento.
A piques de entrar na campaña electoral, o Goberno apraza a aplicación dunha nova volta de torca (recortes das pensións, subida do IVE, nova reforma laboral, desmantelamento de Navantia), e non deixa de bombardearnos co discurso do fin da crise. O Pte. do Goberno amosa a súa satisfacción, a pesar dos datos demoledores da EPA.
Para non ser menos na nosa comarca, a Xunta de Galicia, Autoridade Portuaria, Reganosa e Navantia, nos anuncian un novo ” revulsivo” para Ferrolterra: “Ferrol converterase no centro mundial de Referencia de subministro de Gas aos buques”, recordándonos a campaña levada no seu momento para relocalizar a planta de gas no interior da Ria, que ía relanzar a comarca, creando unha morea de postos de traballo.
Nunha situación de emerxencia como a que está sumida esta comarca, a Xunta, Reganosa e Navantia, non nos anuncian o dique flotante, nin barcos nas gradas. Non, iso non, mellor construílos en Asia, como así decidiu Gas Natural-Fenosa, un dos socios principais de Reganosa. Para nós deixan o máis “importante”: o perigo da planta e o trasfego dos gaseiros cargados na Ria.
Tampouco a Xunta nos anuncia fondos públicos para un plan de emprego, nin un plan de recuperación da Ria, rematando con todos os verquidos, e as agresións (bunkering, ocupación enseada da Malata, dragado e dinamitado a canle de entrada etc etc).
Non nos anuncian o remate do timo ao que Reganosa somete aos cidad@s, 60 millóns ao ano a cambio de destruír a Ria cun sistema fraudulento de regasificación.
En definitiva, non nos anuncia o peche dunha instalación ilegal. Non nos anuncian o cumprimento da sentencia do Supremo para que deixe de ser unha ameaza para a poboación, nin o remate da corruptela de Reganosa. Non nos anuncian a apertura do gasoduto de Tui, que antes nos subministraba gas e que manteñen pechado para xustificar o timo de Reganosa.
Non, a Xunta de Galicia non ven a afrontar a situación de emerxencia desta comarca, promovendo o emprego, carga de traballo, sanear a Ria…; non, a Xunta ven dar cobertura á bomba de Reganosa, a seguir destruíndo a Ria, e anunciando máis merda e corrupción.
Ferrol a 06-05-2014

Comité Cidadán de Emerxencia

para a Ría de Ferrol

O conflicto dos mariscadores

Urbanización y Privatización en el litoral de la Ría de Ferrol

Novembro 16, 2013

 

cheikhelmokrani2-102-copia

Convidámosvos a coñecer o importante traballo sobre a Ría de Ferrol realizado polo profesor Jerónimo Bouza Vila, Doutor en Historia, (Antropoloxía Cultural).

 

URBANISMO Y PRIVATIZACIÓN EN EL LITORAL DE LA RÍA DE FERROL

 

Publicado en Revista de Bibliografía y Ciencias Sociales. Universidad de Barcelona. Noviembre 2013.

 

Entrada á publicación.

 

Entrada Gaseiro nº 158

Novembro 16, 2013

Estando prevista a entrada na Ría do gaseiro cargado con GNL, nº 158 “Valencia Knutsen”

o Comité Cidadán de Emerxencia, convoca

CONCENTRACIÓN

Lúns, 18 Novembro 2013, ás 19 hs,

diante Edificio Admvo. Xunta de Galicia

Praza Amada García – Ferrol

Características do buque:

Nome.- Valencia Knutsen, Bandeira.- España, Eslora.- 290 m, Manga.- 45.8 m, Puntal.-26.5 m, Calado.- 11.95 m, Capacidade.- 173.410 m³ de GNL

PLANTA DE GAS: PECHE XÁ !

O bunkering. A destruzón sistemática da Ría

Agosto 15, 2013

 

A Autoridade Portuaria de Ferrol-S.Cibrao ven de autorizar un servizo móbil de repostaxe de combustible aos navíos na Ria de Ferrol. Unha nova agresion dende unha institucion -a Autoridade Portuaria-, cando unha das súas funcións é a protección e que ven a sumarse ás perpetradas ao longo dos ultinos anos: Reubicación da planta de gas no interior da Ria, dinamitado da súa canle, pretensión de levar o ferrocarril pola enseada da Malata, autorizar a Forestal e Reganosa o verquido de 400.000 Tons/dia de augas residuais sen depuracion previa, permitir o tráfico ilegal de gaseiros, etc etc., reflicten o carácter ecocida do PP, instrumento politico por antonomasia do capitalismo mais depedrador.

Urxe a súa expulsión das Institucións.

Máis información:

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/08/09/galicia/1376076620_854995.html

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/08/14/galicia/1376517055_707781.html

http://www.diariodeferrol.com/articulo/galicia/psdeg-reclama-prohiba-repostar-ria-ferrol-gibraltar/20130815022841055678.html

Explosión de gas en México

Maio 7, 2013

 

1367940047_620612_1367940256_album_normal

Fai poucas horas, en Ecatepec (México) un camión cisterna que transportaba gas licuado, por unha autopista estatal, colisionou e produxo unha gran explosión, orixinando a morte, polo momento, de 23 persoas e feridas a cerca de 40.

Nun radio de 500 metros causou a destrución de decenas de vivendas e afectou a un centro educativo.

Ante estes casos, por forza temos que pensar nas tráxicas consecuencias que suporían para a nosa comarca de producirse un accidente grave na Planta de Gas de Reganosa – cun volume de almacenamento de 150.000 Tm, – o que equivale a varios milleiros de camións cisterna.

Desde o CCE, pola seguridade de todos e todas, exiximos, unha vez máis, das Administracións a paralización da actividade de Reganosa, en execución da Sentenza do Tribunal Supremo que ratificou a ilegalidade do seu emplazamento.