Posted tagged ‘ría Ferrol’

9 de Maio: Hoxe sinalamos as Sedes dos Socios de Reganosa

Maio 10, 2008

Ver Vídeo 1         Ver Vídeo 2

Hoxe, 9 de maio, seguindo a convocatoria do Comité Cidadán de Emerxencia para Ría de Ferrol, máis de 300 persoas concentráronse, ás 6 da tarde, ante o Edificio da Xunta de Galicia, na Praza de España de Ferrol, para desde alí iniciar unha marcha que percorreu as sedes dos socios financeiros de Reganosa, é dicir dos responsables desta ameaza para as vidas, patrimonio e postos de traballo dos habitantes de Ferrolterra.

Para esta concentración, a Subdelegación do Goberno negou a súa autorización, cualificándoa de “comunicación extemporánea”, malia que foi tramitada en tempo e forma, o mesmo que as 19 anteriores, polo que o CCE, ademais de manter a súa convocatoria, como acto plenamente lícito en democracia e axustado á Constitución, recorreu esta arbitraria decisión ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Hoxe precisamente ten anunciada a súa entrada na Ría o gasero “Cádiz Knusten” que fará o número 20 dos arribados a Reganosa , coincidindo ademais co primeiro aniversario da primeira entrada ilegal dun buque gasero cargado de GNL: o “Galicia Spirit” momento no que o esforzo e determinación dos mariscadores, e membros do CCE, parando repetidamente as entradas dos buques, xogou un papel fundamental para rachar os Muros de Silencio.

Ante cada unha das sedes sociais visitadas: Xunta de Galicia, Gadis de Esteiro (do Grupo Tojeiro), Banco Pastor, Caixa Nova, FENOSA, Caixa Galicia e simbólicamente para ENDESA, detívose a manifestación, deixouse constancia da porcentaxe de cada un no accionariado, e membros do CCE recordaron públicamente as novas ameazas de Reganosa:

Voadura dá Canle de entrada a Ría.
Solicitude de ampliación dá capacidade de Regasificación.
Transporte de GNL en camións-cisterna
.
Ademais das ameazas permanentes que supón a Planta no interior de Ría e o ilegal e perigoso tráfico continuo de gaseros ao rente das nosas vidas e que se pretende casi triplicar.
Con esta marcha cumprese o primeiro dos obxectivos determinados polo CCE e a Asemblea Cidadá celebrada o pasado día 2 de maio, consistente en denunciar ante a cidadanía aos verdadeiros responsables económicos deste escándalo e irresponsabilidade, montada só para o seu propio beneficio, a costa da seguridade da poboación.
O CCE leva máis de 8 anos de loita contra esta conxunción de poder económico-político-mediático, loita que continuará ata lograr a paralización da Planta de Gas. Na seguridade de conseguilo, asistido pola razón, convoca á cidadanía a participar nas próximas movilizacións programadas e en cantas sexan necesarias desenvolver en defensa do noso medio e das nosas vidas.

Expresamente nas seguintes:
 
 

 

8 de Xuño, ás 12 hs.

Manifestación Comarcal, desde o Porto de Curuxeiras, con motivo do Día Mundial de Medio Ambiente.

23 de Xullo, ás 17 hs.
”II Marcha a pé Ferrol – Mugardos”, coincidindo co aniversario do Peche dá Veciñanza de Meá na Casa do Concello de Mugardos, e que rematará cun Festival Artístico-Musical-Reivindicativo.
Realización dun Grande Mural de extraordinarias dimensións, cuxo tema central será a defensa da Ría e da Vida, que se realizará na comarca, durante varios dias de Xullo, coa participación de numerosos artistas plásticos de Ferrol e Comarca e a colaboración de máis de 200 persoas.
Reunións informativas  coas Entidades e Asociacións que compoñen o movemento asociativo, cultural, político, sindical, etc, da nosa comarca a fin de informar da situación actual e das novas ameazas antes referidas.
 
 Nunca é tarde para defendernos. Nunca é tarde para evitar unha traxedia. Movilicémonos.

Todos xuntos podemos.
PLANTA DE GAS FORA DÁ RÍA

 

Outras webs relacionadas:

http://artabra21.blogspot.com/

http://na-defensa-da-ria-de-ferrol.blogspot.com/