
LNG Lagos,(o 21 de enero,os remolcadores tiveron que traballar a reo contra o vento)
E xa son 20,as ocasións nas que un gaseiro ten que abortar a entrada ao interior da ría de Ferrol,con destino a ilegal e perigosa planta de gas “Reganosa”.Queda ben patente que a planta de gas,está mal ubicada, no interior dunha ría angosta e perigosa para este tipo de buques.
Desta volta,e por segunda vez en dous días,o gaseiro “Cheikh el Mokrani” tivo que abortar a tentativa de entrada na ría.Parecera que os elementos meteorolóxicos quixeran aliarse coa cidadanía,contra o “despropósito” Reganosa.Case un 25% dos gaseiros vense obrigados a atrasar un ou máis días a súa entrada.,esto supón un custo engadido que encarece notablemente o gas que ao final pagamos tod@s,nos recibos de gas e electricidade.
Todo isto, para manter aberta unha planta totalmente innecesaria, para a que unha vez máis, demandamos das Autoridades o cesamento de actividade e a posta en servizo novamente dos gasodutos que desde o inicio de Reganosa manteñen pechados e que serían unha solución moito máis segura e barata.

Madrid Spirit,(atracou o 07 de febreiro,sen apenas luz diurna)
¡¡PLANTA DE GAS FORA DA RÍA!!