Posted tagged ‘socios Reganosa’

9 de Maio: Hoxe sinalamos as Sedes dos Socios de Reganosa

Maio 10, 2008

Ver Vídeo 1         Ver Vídeo 2

Hoxe, 9 de maio, seguindo a convocatoria do Comité Cidadán de Emerxencia para Ría de Ferrol, máis de 300 persoas concentráronse, ás 6 da tarde, ante o Edificio da Xunta de Galicia, na Praza de España de Ferrol, para desde alí iniciar unha marcha que percorreu as sedes dos socios financeiros de Reganosa, é dicir dos responsables desta ameaza para as vidas, patrimonio e postos de traballo dos habitantes de Ferrolterra.

Para esta concentración, a Subdelegación do Goberno negou a súa autorización, cualificándoa de “comunicación extemporánea”, malia que foi tramitada en tempo e forma, o mesmo que as 19 anteriores, polo que o CCE, ademais de manter a súa convocatoria, como acto plenamente lícito en democracia e axustado á Constitución, recorreu esta arbitraria decisión ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Hoxe precisamente ten anunciada a súa entrada na Ría o gasero “Cádiz Knusten” que fará o número 20 dos arribados a Reganosa , coincidindo ademais co primeiro aniversario da primeira entrada ilegal dun buque gasero cargado de GNL: o “Galicia Spirit” momento no que o esforzo e determinación dos mariscadores, e membros do CCE, parando repetidamente as entradas dos buques, xogou un papel fundamental para rachar os Muros de Silencio.

Ante cada unha das sedes sociais visitadas: Xunta de Galicia, Gadis de Esteiro (do Grupo Tojeiro), Banco Pastor, Caixa Nova, FENOSA, Caixa Galicia e simbólicamente para ENDESA, detívose a manifestación, deixouse constancia da porcentaxe de cada un no accionariado, e membros do CCE recordaron públicamente as novas ameazas de Reganosa:

Voadura dá Canle de entrada a Ría.
Solicitude de ampliación dá capacidade de Regasificación.
Transporte de GNL en camións-cisterna
.
Ademais das ameazas permanentes que supón a Planta no interior de Ría e o ilegal e perigoso tráfico continuo de gaseros ao rente das nosas vidas e que se pretende casi triplicar.
Con esta marcha cumprese o primeiro dos obxectivos determinados polo CCE e a Asemblea Cidadá celebrada o pasado día 2 de maio, consistente en denunciar ante a cidadanía aos verdadeiros responsables económicos deste escándalo e irresponsabilidade, montada só para o seu propio beneficio, a costa da seguridade da poboación.
O CCE leva máis de 8 anos de loita contra esta conxunción de poder económico-político-mediático, loita que continuará ata lograr a paralización da Planta de Gas. Na seguridade de conseguilo, asistido pola razón, convoca á cidadanía a participar nas próximas movilizacións programadas e en cantas sexan necesarias desenvolver en defensa do noso medio e das nosas vidas.

Expresamente nas seguintes:
 
 

 

8 de Xuño, ás 12 hs.

Manifestación Comarcal, desde o Porto de Curuxeiras, con motivo do Día Mundial de Medio Ambiente.

23 de Xullo, ás 17 hs.
”II Marcha a pé Ferrol – Mugardos”, coincidindo co aniversario do Peche dá Veciñanza de Meá na Casa do Concello de Mugardos, e que rematará cun Festival Artístico-Musical-Reivindicativo.
Realización dun Grande Mural de extraordinarias dimensións, cuxo tema central será a defensa da Ría e da Vida, que se realizará na comarca, durante varios dias de Xullo, coa participación de numerosos artistas plásticos de Ferrol e Comarca e a colaboración de máis de 200 persoas.
Reunións informativas  coas Entidades e Asociacións que compoñen o movemento asociativo, cultural, político, sindical, etc, da nosa comarca a fin de informar da situación actual e das novas ameazas antes referidas.
 
 Nunca é tarde para defendernos. Nunca é tarde para evitar unha traxedia. Movilicémonos.

Todos xuntos podemos.
PLANTA DE GAS FORA DÁ RÍA

 

Outras webs relacionadas:

http://artabra21.blogspot.com/

http://na-defensa-da-ria-de-ferrol.blogspot.com/

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Ultima hora: Comunicado do Comité Cidadán de Emerxencia

Maio 8, 2008

COMUNICADO DO COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL.

O Comité Cidadán de Emerxencia ten convocado para o día 9 de maio unha concentración diante da sede da Xunta de Galicia para denunciar a instalación ilegal da Planta de Gas de Reganosa, de onde sairá para recorrer as sedes dos socios financeiros de Reganosa sinalando aos responsables desta ameaza.

Esta concentración coincide co primeiro aniversario da primeira entrada ilegal do primeiro gaseiro cargado dentro da ría e ademais coincide coa entrada mañá mesmo dun novo gaseiro.

A concentración foi comunicada ao Subdelegado do Goberno como no caso das 19 anteriores, polo que resulta inaudito o comunicado do Subdelegado de Goberno de prohibir a manifestación alegando “comunicación  extemporánea”.

O Comité Cidadán vai a recorrer diante do Tribunal Superior de Xustiza esta actitude inaceptable e represiva do Sr. Pose Mesura.

A loita contra da planta de gas ilegal, tamén é unha loita pola democracia e polo dereito a vida.

Este Comité Cidadán mantén a súa convocatoria, en exercicio do seu dereito constitucional e chama a todos os veciños e veciñas da comarca a concentrarse o venres día 9 ás 6 da tarde na Praza de España diante do edificio administrativo da Xunta de Galicia.