Posted tagged ‘sos monuments’

O CCE na asemblea de SOS-Monuments

Xaneiro 30, 2014

Sos2

O pasado 25 de xaneiro, celebrouse en Barcelona a Asemblea anual de SOS-Monuments, na que se concederon os premios ás mellores obras conservadas “Admiracións conservades” e a aquelas ameazadas por abandono ou destruidas por unha mala intervención, “Admiracións destruïdes”.

O Comité Cidadán de Emerxencia e Fuco Buxán, representados por Fernando Ocampo, estiveron presentes nesta Asemblea, facendo unha intervención para agradecer a importante labor que SOS Monuments leva adiante en defensa do Patrimonio desde unha dimensión, non só artística, senón  implicada no social e no humano. Asemade agradecer tamén o premio recibido polo CCE no ano 2010 pola defensa da Ría de Ferrol e o seu patrimonio arqueolóxico, e manifestarlles a nosa decisión de continuar nesta loita de defensa da sostenibilidade e da vida.

Foi unha satisfacción pola nosa banda saudar aos socios  de Sos Monuments e acompañar a Mercedes Martín, representante da Fundación Man, de Camelle, que recolleu a distinción que lle outorgaron.

Admiracións 2013 (máis…)

Carta de Ferrol 2010

Febreiro 11, 2011

 

Conclusións das Xornadas de Defensa do Patrimonio celebradas en Ferrol o pasado outubro:

Reunidos en Ferrol los días 9, 10 y 11 de octubre de 2010 en el VII Encuentro de Defensa Cívica del Patrimonio Cultural, las asociaciones SOS Monuments, Associació per la Defensa Cívica del Patrimoni Cultural, de Barcelona, Asociación de Profesores para la Difusión y Protección del Patrimonio Histórico “BEN BASO”, de Sevilla, Asociación Histórica Retiro Obrero de Sevilla, Asociación Cultural Abamia de Asturias, Amigos del Patrimonio de Segovia, Ateneo Ferrolán, Asociación Cultural Fuco Buxán, Asociación Monte da Estrela, Comité Cidadán de Emerxencia para a Ria de Ferrol, Asociación Pro Fragata Museo Asturias, Arca de Noé de Burgos, Ciudadanos por la Defensa del Patrimonio de la Ciudad de León y Ecologistas en acción. León

 ACUERDAN:

1. Apoyar la candidatura de Ferrol a Patrimonio Mundial de la UNESCO, tanto por su valor patrimonial como por la necesidad de su protección respecto a procesos de extensión y renovación urbana.

O Comité Cidadán de Emerxencia do interesante contido desta carta estima necesario destacar as seguintes puntualizacións:

El paisaje de la Ría de Ferrol era una riqueza para este territorio, que las industrias inconvenientemente situadas han alterado o desfigurado seriamente. Punta Promontoiro (Mugardos) es un área rica en yacimientos arqueológicos: aquí se ubican, muy próximos entre sí, el castro de Mehá y los yacimientos romanos de Caldoval, de Santa Lucía y de Noville.

La reubicación, contra toda lógica, de la planta de gas en esta zona del interior de la Ría constituye un factor de distorsión de considerable impacto, ya que es una instalación altamente peligrosa, que pone en grave situación de riesgo el patrimonio militar y arqueológico, y la propia existencia de los núcleos de población que se encuentran inmediatos a ella. Además de las transformaciones ya producidas, sus promotores no renuncian a la recalificación como suelo urbano de carácter industrial de toda esta área; de hecho han promovido el levantamiento y posterior traslado del yacimiento romano de Caldoval, ya consumado, primer paso para el vaciado de los yacimientos que facilite dicha recalificación.

La defensa de la conservación del patrimonio arqueológico de Punta Promontoiro, la musealización in situ del yacimiento de Caldoval, de acuerdo con los criterios establecidos ya en la carta de Atenas de 1931, en la de Venecia de 1965 y en las propias leyes del Patrimonio histórico y artístico vigentes,  es fundamental para impedir dichos designios.”

 O pasado 29 de xaneiro, a XII Asemblea de SOS Monuments, en Barcelona, otorgou o premio “Admiracións Conservadas 2010” ao Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, pola súa defensa do patrimonio natural, cultural, etnolóxico e arqueolóxico do antigo paradiso da Ría de Ferrol, e en concreto por promover a restauración e o restablecemento no seu lugar do xacemento de Caldoval e a conservación dos xacementos de Promontoiro.

 Contido completo da Carta de Ferrol 2010

 Reseña do Premio

Xa temos recollido o galardón de SOS-Monuments

Febreiro 1, 2011

O Pasado día 29, no decurso da asemblea anual celebrada pola asociación Sos-Monuments, en Barcelona, o Comité Cidadán de Emerxencia foi galardoado co premio “Admiracións Conservadas 2010”.

Esta asociación celebrou en Ferrol, no pasado outubro, a súa VII convención anual, reunindo especialistas en Patrimonio de todo o Estado, que poideron comprobar diretamente o disparate da ubicación da Planta de Gas, afectando ao Patrimonio, a seguridade e a riqueza ambiental, cultural e económica da nosa Ría.

O Diploma foi recollido naquel acto, pola Dra. Susana Narotzky, Catedrática de Antropoloxía Social da Universidade de Barcelona, amiga e colaboradora nosa, a quen o Comité agradece a sua valiosa colaboración de agora e de sempre.

Texto do Diploma:

Pola defensa da conservación do Patrimonio natural, cultural, etnolóxico e arqueolóxico do antigo paraiso da Ría de Ferrol. E, en concreto por promover a conservación dos xacementos de Caldoval e de Promontoiro

ao Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

Barcelona, 29 de xaneiro 2011

SOS – Monuments, Asociación para a Defensa Cívica do Patrimonio Cultural.

¡PLANTA DE GAS FÓRA DA RÍA!

Galardón ao Comité Cidadán de Emerxencia

Xaneiro 25, 2011

 

Comité cidadán de emerxencia para a Ria de Ferrol

Barcelona, 22 de xaneiro de 2011

Estimados amigos:

Práceme enviarvos a distinción Admiracions Conservades 2009, que a nosa

Associació Defensa Cívica del Patrimoni Cultural, SOS Monuments, vos otorgou pola defensa da conservación do patrimonio natural, cultural, etnolóxico e arqueolóxico do antigo paraíso da Ría de Ferrol. E, en concreto, por promover a conservación dos depósitos arqueolóxicos de Caldoval i de Promontoiro.

Reciban a nosa máis viva felicitación por este galardón. Esperámosvos na entrega das distincións que será o día 29 de xaneiro na Biblioteca Miquel Llongueras, situada na rúa Riera Blanca n. 1, esquina Travessera de les Corts, de Barcelona, ás 11 h.

Confírmennos, por favor, se poderán vir e quedarse a xantar connosco.

Josep Mora

President

______________________________________________________________

SOS Monuments. Associació per a la Defensa Cívica del Patrimoni Cultural de Catalunya

Enlace a web de Sos Monuments