Posted tagged ‘Tribunal Supremo’

Fotos e Audios da Roda de Prensa 13.04.2016

Abril 13, 2016

O Comité Cidadán de Emerxencia fixo hoxe 13 de abril, no Salón de actos do Ateneo Ferrolán, ante os Medios de Comunicación e a cidadanía, unha extensa valoración da Sentenza do Tribunal Supremo que declara de xeito irrevocable a nulidade da Autorización Previa de Instalación da Planta de Gas de REGANOSA.

Participaron: o Alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, a Asesora Xurídica do CCE Patricia Gabeiras, o Coordinador Manuel Rodríguez Carballeira, a Presidenta da A. VV. “O Cruceiro” de Mehá, e os membros do CCE Francisca Portela e Carlos Álvarez, que reafirmaron a ilegalidade desta Planta, perigosa, innecesaria e antieconómica.

Álbum fotográfico

Audio da Roda de Prensa

Audio do Coloquio

O Tribunal Supremo falla: ¡Reganosa Ilegal!

Xuño 5, 2012

O Tribunal Supremo desestima a apelación de Reganosa e, tal como fixera o TSXG, anula a modificación do Plan Xeral de Mugardos que serviu de base para a licencia de obras da planta de gas.

O Tribunal Supremo da a razón ao Comité Cidadán de Emerxencia, que desde hai once anos mantén unha loita incansable contra a ubicación da planta de gas no interior da Ría.