Posted tagged ‘Vento Lois’

O CCE en “Vento Lois”

Maio 13, 2011

 

O CCE participou no recital “Vento Lois”, organizado polo Ateneo Ferrolán e o Concello de Ferrol, celebrando as Letras Galegas, o xoves 12 de maio no Cantón, e no que estiveron tamén a Mesa pola Normalización Lingüística, Fuco Buxán, Bartoleta Teatro, Eduardo Hermida e Rosa Méndez.

Intervención no acto do representante do CCE :

Dicía Manolo Rivas , de Lois Pereiro: “Hai unha estreita relación entre a dor e a desolación que expresan os seus poemas e o seu engado polos “marabillosos detalles” que conforman ese froito perecedoiro chamado vida. Como un menciñeiro, nomeaba o mal para mantelo a raia.”

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, leva máis de 10 anos nomeando este mal que nos ameaza á beira da nosa Ría – A planta de Gas – e porque apostamos precisamente pola vida e porque non queremos ser alleos aos “marabillosos detalles” que conforman a actividade cultural da nosa terra, estamos aquí hoxe, a celebrar tamén con todas e todos, este día das Letras Galegas e a participar na homenaxe – iniciativa do Ateneo Ferrolán – a Lois Pereiro.

Álbum fotográfico

Vento Lois en Ferrol

Maio 11, 2011

 

Vento Lois

(Homenaxe a Lois Pereiro)

Xoves 12 de maio ás 20 hs.

ORGANIZA ATENEO FERROLÁN. (Grazas ao aopio do Concello de Ferrol). ACTO PÚBLICO

Lugar: Cantón de Molins – (Praza da Constitución) Ferrol ás 20 h. como en toda Galiza.

Loneta decorativa Lois Pereiro no palco do Cantón de Molíns.

Letras Colgadas en Globos que simbolice o Manifesto de Lois Pereiro e que botaremos ao VENTO.

Acompañan o Grupo Tradicional “Airiños do Campito”

Lectura Manifesto (extracto) – Ateneo – Eliseo Zaera (Presidente deste Ateneo Ferrolán)

Reparto Manifesto de Lois Pereiro ao público asistente na rúa.

Lectura de Poemas nos acompañarán:

Fuco Buxan, Comite Cidadán Emerxencia, Eduardo Hermida (Centro Cultural A Estrela de Canido), A Mesa Pola Normalización Lingüística da Comarca e Bartoleta Teatro.


Ante a convocatoria aberta da seita loisista, co apoio da Asociación de Escritores en Lingua Galega, o Pen Clube de Galicia e a Asociación Galega de Editores, chama a organizar un novo vendaval, que percorra todo o mundo, o día 12 de maio ás 8 da tarde.

O ATENEO FERROLÁN chama a participación dos colectivos, asociacións e persoas individuais que queiran colaborar desta homenaxe pública que faremos a LOIS PEREIRO: Lectura Manifesto, Mural con artistas locais, música, teatro, danza, lectura poética, …. Dende o Ateneo Ferrolán tentamos involucrar a zona de Ferrol desta homenaxe pública a LOIS PEREIRO.

Como remataba Lois a súa Modesta proposición:
“quen teña tempo, enerxía, e desexe facer algo, que vaia propoñendo algo… (por exemplo)”.