Posted tagged ‘xunta’

Cada gaseiro na nosa Ría : ¡¡ mobilización!!

Xuño 25, 2008

Onte, martes 24 de xuño, ao redor dun centenar de persoas acudiron á convocatoria do CCE, coincidindo coa entrada na Ría do “LNG Bonny”, que fai o número 23 dos buques que cargados de gas natural licuado, como verdadeiras bombas flotantes, ameazan as nosas vidas co seu tránsito ao pe das nosas casas, para abastecer unha Planta de Gas – REGANOSA – ubicada de forma ilegal e tremendamente perigosa no interior da nosa ría, cuxa situación obedece aos intereses especulativos dun grupo financeiro privado e á negligencia e irresponsabilidade das Autoridades in-competentes.

Os cidadáns e cidadás, que coa entrada de cada buque, mobilízanse, estano a facer en defensa da vida de cantas persoas viven na contorna e baixo a ameaza constante da Planta de Gas, en defensa da legalidade e en defensa da riqueza mediambiental, laboral e cultural de nosa Ría.

Trala concentración ante o Edificio da Xunta de Galicia, percorreron en manifestación as rúas do centro da cidade, para rematar ante o Concello, onde o Coordinador do CEE, Manuel Rodríguez Carballeira repasou na súa intervención os últimos acontecementos:

  • A terceira sentenza favorable do TSXG que invalida a recalificación dos terreos, realizada polo Concello de Mugardos, para o asentamiento de Reganosa, e por conseguinte todas as licenzas posteriormente outorgadas.
  • A petición por escrito á Xunta de Galicia para que retire os recursos presentados ante o Tribunal Supremo sobre estas sentenzas do Primeiro Organo Xudicial de Galicia. Recursos que só pretenden beneficiar a Reganosa.
  • A admisión a trámite polo TSJM das probas presentadas noutro contencioso iniciado polas Asociacións do CCE, contra a Autorización Administrativa Previa..
  • Fixo unha reflexión sobre cantos quilómetros habería que desaloxar caso de accidente nun gaseiro con carga de 60.000 Toneladas, se para o camión cisterna de Benidorm, (20 T.) evacuaron un radio de 1 km. O Plan de Emerxencia de 400 metros está claro que non abonda…..
  • Lembrou a convocatoria da “II marcha a pe a Mugardos” que terá lugar o vindeiro 23 de Xullo, aniversario do peche da veciñanza de Meá no Concello de Mugardos, peche que mantiveron desde esa data ate o 10 de novembro do pasado ano.
  • Resaltou a importancia de mobilizarse, cada vez que entre un buque, para sinalar deste xeito o perigo constante a que a poboación de ferrolterra vese sometida e a necesidade de que todos: cidadanía, institucións e autoridades poñamos fin a este disparate antes de que unha traxedia fágao por nós.

Roda de Prensa 18 de xuño 2008 en Santiago

Xuño 18, 2008

Roda de Prensa do

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol (CCE)

no Club Internacional de Prensa

(Santiago de Compostela).

Celebrada hoxe, mercores 18 as 12 h.

 

            Compareceron ante os medios de comunicación , os seguintes membros do CCE:  Manuel A. Rodríguez Carballeira, Eliseo Zaera Ríos, Humberto Fidalgo Couce, Jesús I. Caselas Pérez e José Alvarez, o último en representación da A.VV. “O Cruceiro de Meá”

 

        O CCE deu conta nesta roda de prensa da nova sentenza do TSXG (a terceira) en contra de Reganosa, que anula a modificación do Plan Xeral de Ordenacion Municipal do Concello de Mugardos (cambio de usos do chan) e que servíulle a Reganosa para instalar a planta de gas en Punta Promontoiro, dentro da Ría de Ferrol.

       

Doutra banda, sinalar que este CCE fixo entrega á Presidencia e Vicepresidencia da Xunta de Galicia dun escrito de petición para que retiren os recursos ante o Tribunal Supremo en Madrid e acaten as sentenzas do máis alto Tribunal galego.

NOTA DE PRENSA

 

O CCE considera unha nova victoria do amplo movimento cidadán que, dende hai 8 anos, loita contra a barbaridade de Reganosa, a nova sentenza do TSXG que anula a modificación do Plan Xeral de Urbanismo do Concello de Mugardos – cambio de usos do solo- que lle permiteu a Reganosa instalar a planta de gas dentro da Ría de Ferrol.

 

Esta nova sentenza é a terceira contraria a Reganosa que dicta o TSXG, que fundamenta a anulación do cambio de usos do solo, pola ausencia da correspondente Declaración de Impacto Ambiental, tal como fixera nas dúas sentenzas anteriores que anularon a tramitación medioambiental aprobada no 2001 pola Consellería de Medioambiente da Xunta de Galicia presidida polo Sr. Fraga.

 

As consecuencias desta sentenza afectan a todas as fases do procedemento administrativo: Autorización de construcción, licencia de obras e actividade, mesmamente a Autorización Administrativa Previa, pois todas estas

resolucións se fundamentaban en que os terreos, co cambio de usos aprobado polo Pleno do Concello de Mugardos, permitían este tipo de instalación, ademais de propiciar que o Grupo empresarial Tojeiro obtivera unhas extraordinarias ganancias de mais de 30 millóns de euros. Agora a sentenza 00311/2008 do TSXG anula dito cambio.  

A planta de gas de Reganosa no interior da Ría de Ferrol, en funcionamento desde hai un ano e a entrada de buques gaseiros cargados, constitúen unha ameaza para a vida de miles de persoas , a Ría, centos de postos de traballo que dependen dela, e o Patrimonio.

 

O CCE achegoulle no día de hoxe esta sentenza tanto ao Presidente como ao Vicepresidente da Xunta de Galicia e Solicitalles que nun acto de coherencia e responsabilidade retiren os Recursos presentados ante o Tribunal

Supremo en Madrid, e reclámalles tamén, o acatamento as sentenzas do TSXG, 536/2004 e 606/2006, o fin de non seguir exponiendo a poboación da Ría de Ferrol a un risco innecesario.

Santiago de Compostela a 18 de xuño de 2008