De interes xeral que o BNG sexa coherente en Ferroterra

Na Comarca de Pontevedra o BNG con acerto defende que a Papelera de Ence trasládese a un lugar illado da poboación. Así mesmo o Deputado do BNG Bieito Lobeira, adscrito á corrente UPG, presentou estes días unha proposición non de lei no Parlamento Galego para que na comarca do Salnés se retíren os depósitos químicos do Ferrazo no porto de Vilagarcía que almacenan 80.000 metros cúbicos de combustibles e para que se elimine o transporte marítimo de hidrocarburos nesta zona, todo o cal non é asumible segundo Bieito Lobería. Ten ao seu favor unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de 28 de abril pasado, que anula a autorización outorgada pola Conselleria de Industria para tales instalacións e que dita Conselleria, rexida polo BNG e implicada neste asunto, decidiu non recorrer tal sentenza ao Tribunal Supremo, pero a empresa FINSA 1 parte codemandada na sentenza a recorreu, quedando aparcada a decisión do TSXG. Pero a vía administrativa non ten porque esperar a que o Tribunal Supremo decida, e a Xunta de Galicia ten competencias para clausurar as instalacións dos depósitos do Ferrazo e mais en base a devandita sentenza do TSXG. Por iso cabe felicitar a Bieito Lobería e a todos cantos dentro do BNG apóianlle.

Pero na provincia da Coruña e en Ferrolterra, a mesma corrente da UPG, que en Galicia é liderada polo ferrolano Francisco Rodríguez, parece actuar como un ferreiro con coitelo de pau, presionando aos concelleiros do BNG no Concello de Ferrol, sen ningún dor por destruír a súa credibilidade e patrimonio político, obrigándolles a que renuncien ao que como lideres locais do BNG en Ferrol habían vindo promoviendo desde 1984 ata 1999 na súa participación en Plataformas de Defensa da Ría, contra os rellenos, non aceptando a Planta de Gas que constrúe de Reganosa dentro de Ría, plantexando que se mantivese a ubicación no Porto Exterior e sendo consecuentes na súa condición de concelleiros desde 1999 ata que no Pleno Municipal de 10 de novembro de 2006 en que quen manda na UPG obrigoulles votar a proposta do PP de renunciar ás actuacións legais contra Reganosa. O curioso é que no BNG nin na CIG non existe resolución política algunha a favor da Planta de Gas que constrúe Reganosa dentro da Ría, nin outra que poida avalar a brutal imposición aos concelleiros do BNG en Ferrol que se estivo fraguando nos últimos anos desde novembro de 2004, é dicir, desde antes de que no ano 2005 houbese goberno bipartito na Xunta.

A UPG en Vilargarcía considera non asumibles uns depósitos de 80.000 m3 e ten toda a razón, pero na Ría de Ferrol apoia un complexo petroquímico con depósitos que almacenan uns 290.000 metros cúbicos de combustibles líquidos, gasóleos, gasolina, metanol etc. e outros produtos químicos, encostado ao os cales a empresa Reganosa esta construíndo dous grandes tanques para almacenar 300.000 m3 de gas natural licuado, é dicir, que en Ferrolterra a UPG parece estar aplicando algún erróneo axioma que ademais actúa contra o BNG como un virus troyano que alguén ten no seu “obsoleto armario político”, sen que exista ningunha resolución política no BNG para apoiar a Planta de Gas dentro de Ría. Segundo o devandito axioma na Ría de Ferrol hai que aguantar con “resignación leninista” o que en Pontevedra ou Vilagarcía non é asumible. Descoñécese se ese axioma ten relación co acontecido logo do declive a causa da reconversión do sector naval. Tampouco se sabe se ten relación co embolado que nos últimos anos ofrécese para As Pontes, onde os ciclos combinados só aportarán 50 empregos, ademais doutras incertezas serias para os mesmos.

É de interese xeral que ese virus troyano sexa pronto neutralizado no BNG, a fin de que na Ría de Ferrol este partido politico sexa coherente co que acertou a decidir en Pontevedra e Vilagarcía. Tamén para que deixe de apoiar iniciativas injustificables de negocio fácil a costa do medioambiente, que ameazan a vida human en Ferrolterra e que ademaís no caso de levarse a cabo provocarían un saldo moi negativo na economía o no emprego de Ferrolterra.

1 FINSA = “Financeira Maderera S.A”, na que tamén participa i e socio maioritario Caixa Galicia .
En español

Explore posts in the same categories: Noticias / Novas

Deixar un comentario