Vigo: VII Encontro Internac. da M.M.M.

Comezou o VII Encontro Internacional da Marcha Mundial das Mulleres, o primeiro celebrado en Europa, coa participación de 150 mulleres procedentes dos cinco continentes

TODOS OS DIAS PODEDES SEGUIR NESTA WEB O DESENVOLVEMENTO DO VII ENCONTRO INTERNACIONAL DA MARCHA MUNDIAL DAS MULHERES QUE ESTÁ SUCEDENDO EM VIGO

www.feminismo.info

fotografías

Mulleres en marcha até que todas sexamos libres! é o lema que enmarca o VII Encontro Internacional da Marcha Mundial  das Mulleres que se celebra nesta ocasión na Galiza, sendo destacábel o feito de que este é o primeiro Encontro Internacional da Marcha Mundial das Mulleres celebrado en Europa.

Neste encontro do feminismo internacional participan un total de 42 coordenadoras nacionais: 84 delegadas e 25 observadoras  e mulleres convidadas de países como Dinamarca ou Inglaterra que non contan aínda con coordenadora nacional, facendo un total de 150 delegadas procedentes de todo o mundo.

Deuse o caso de representantes de coordenadoras  que non puideron asistir porque as fronteiras se fecharon para as mulleres de Guinea, Gana e Nixeria, ou por temor a non poder recuperar a sua vida despois de ter participado neste encontro internacional de mulleres, é o caso de Irán.

O recibimento e inauguración do encontro consistiu nun acto de acollida das delegadas galegas que fixeron de anfitrioas oferecendo unha mostra da cultura, tradicións e da música galega feita polas mulleres, nun acto cargado de emoción. A terra foi o principal elemento simbólico que foi o enlace que uniu as mulleres dos diferentes países e culturas.

A presentación do Encontro correu da man de Tereixa Otero da Coordenadora Nacional Galega, e Míriam Nobre da Coordenadora do Secretariado Internacional.

Na mañá do día 15 celebrouse o pleno inicial que se centrou na análise do plan estratéxico mundial da Marcha e na introdución ao traballo das distintas áreas ou campos de acción, coa participación das coordenadoras nacionais de Albania Argentina, Bangladesh, Bélgica, Bolivia, Brasil, Burkina Faso, Catanlunya, Chile, Colombia, Costa de Marfil, Cuba, Euskadi, Filipinas, Francia, Galiza, Grecia, Guatemala, Haití, India, Italia, Kenia, Líbano, Macedonia, Mali, México, Mozambique, Nepal, Nueva Caledonia, Paquistán, Perú, Portugal, Quebec, República Democrática do Congo, República Centroafricana, Ruanda, Senegal, Sudáfrica, Sudán, Suiza, Turquía.

Na súa intervención Miriam Nobre sinalou vários aspectos preocupantes para as mulleres e que teñen que ver co modelo de mercado e as relacións económicas do mundo actual que seguen en moitos países excluindo as mulleres incluso do seu dereito de acceso á terra.

A crise financeira que xorde en EEUU e está contaminando a todo o mundo, demostra que a economía financeira actual está afastada da produción real da riqueza que é a producida polo traballo humano. Esta economía que é virtual ten impacto na economía real, no quotidiano e é a causa do encarecemento dos alimentos, sobre todo para aquelas comunidades que non consuman os seus produtos locais. Agora podemos dicir que o mercado está corrupto, non só se dá a corrupción nos estados, tamén no mercado, e son case sempre os homes os que protagonizan este apropiamento das riquezas e dos recursos sen medir as consecuencias para o conxunto da poboación.

O grado de cinismo é tan grande que se impón a percepción de que cando o Estado para os profesores está gastando, cando compra títulos da banca está invirtindo. Estase a dar un proceso de privatización das ganacias e socialización das perdas.
Conclúe Miriam Nobre que temos que construír unha forza grande  todas as mulleres para reaccionar a esta situación.

Outro aspecto que foi avaliado foi o proceso de emigración de mulleres do Sul e do Leste que se dedican ao coidado no Norte, sen ter acceso ás mesmas proteccións e dereitos. Hai inmigrantes que son útiles e outras que non.

Para as vindeiras xornadas a Marcha Mundial das Mulleres vai debater sobre a violencia cara as mulleres, a paz e a desmilitarización, o ben común e o traballo das mulleres que son os campos de acción de traballo e en equipos rexionais organizados en Asia e Oceanía, Américas, África, Europa, Medio Oriente e Mundo Àrabe.

No contexto do Encontro Internacional, a soberanía alimentaria está presente en cada debate e terá culminación no Foro de Soberanía Alimentaria que está ideado para propiciar este debate concreto desde a perspectiva feminista. Celébrase o vindeiro 18 de outubro e culmina na feira que se celebrará os vindeiros 18 e 19 de outubro desde as 11 da mañá na Praza da Estrela en Vigo. A manifestación será o domingo 19 de outubro desde as 12.00h con saída na Praza do Concello de Vigo, baixo o lema “MARCHA CON NÓS PARA MUDAR O MUNDO”. Percorrerá as rúas de Vigo até a Estación Marítima.No seu comezo terá lugar a construción dun Milladoiro coa participación de todas as delegadas da Marcha Mundial das Mulleres.


Lupe Ces Rioboo
981946412/652201003
http://lupeces.blogspot.com/

Advertisements
Explore posts in the same categories: Noticias / Novas

Etiquetas:

You can comment below, or link to this permanent URL from your own site.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: