O LNG FINIMA aborta a súa entrada a Ría de Ferrol

finima13.12

Imaxe a tempo real (13.12 h)

 De novo outo gaseiro cargado de GNL para Reganosa ten que desistir da entrada na Ría de Ferrol polas condicións climatolóxicas.

A forza do vento, nestes momentos próximos a pleamar, impide ao buque aproximarse a bocana da ría, e logo de estar perto do porto exterior desvíase considerablemente cara ao NW. A marea alta é hoxe ás 13.39 polo tanto terá que agardar a próxima marea diurna (sábado ás 14,37)

Esta situación ven a producirse para un de cada cinco buques gaseiros con destino a Planta de Gas de Mugardos e encarece seriamente o custo do transporte, problema engadido a unha Planta xa non rentable e innecesaria. É unha proba máis da insensatez de quen a colocou nese emplazamento e de quenes seguen a mantela.

O risco, podese converter en traxedia, no momento que o vento varie de improvisto no momento de cruzar a canle.

Polo tanto, como sempre, hoxe o Comité Cidadán de Emerxencia, mantén a convocatoria de concentración na Plaza de Amada García, ás 7 da tarde, para rexeitar, como hai 10 anos vimos facendo, a ubicación da Planta e o perigoso tráfico dos gaseiros ao rente das nosas vidas.

 ¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA ¡

Explore posts in the same categories: Comunicados Comité Cidadán

Deixar un comentario