A PERLA DA RIA ERA FALSA

O ex-presidente da Xunta, Manuel Fraga, se refería á planta de gas de Mugardos como “a perla da ría”. Tamén algúns medios de comunicación, animados pola euforia do momento,  anunciaban que a construcción da planta e a súa posta en servizo ía a supor a “fin da lacra do desemprego” en Ferrolterra. (ver hemerotecas, 2 agosto 2001).

 Pasaron dous anos dende a súa posta en funcionamento e a regasificadora non  satisfixo aquelas expectativas. Todo o contrario, pois segundo os últimos datos publicados por Enagas, xestor do sistema gasista, a regasificadora da ría de Ferrol produce menos gas cada mes que transcorre e está lonxe de acadar a cifra da súa producción nominal (nestes momentos regasifica o 29% da súa capacidade). Pódese decir quea perla era falsa” ou non era unha “perla”.

 Outra contrariedade vaille a xurdir á regasificadora de Mugardos, xa que o  novo gasoducto MEDGAZ (1) tendido entre Orán (Arxelia) e Almería está a punto de comezar a subministrar gas natural (2) con una capacidade de 8.000 Mill. m3/ año o que reducirá nun 30% a regasificación das plantas de gas licuado (GNL) existentes en España. Este gas natural ademais de ser máis barato que o licuado, o seu consumo é prioritario pois ao estar suxeito á cláusula comercial “take or pay” o gas deberá ser consumido pois do contrario habería que pagalo igual.

 Vexamos uns números:

  INICIAL ACTUAL FUTURA (solicitada)
Capacidade Nominal

de regasificación

2.500 Mill. m3/año

85 GWh/día

3.600 Mill. m3/año

120 GW.h/día

7.200 Mill. m3/año

240 GWh/día

Producción outubro 2008

61 GWh/día

– – – – –  51 %  de 120 GW.h/día 25% de 240 GW.h/día
Producción octubro 2009

37 GWh/día (3)

– – – – – 29 % de 120 GW.h/día 14% de 240 GW.h/día
Producción reducida polo gasoducto MEDGAZ

  26 GWh/día (3)

– – – – –  

20% de 120 GW.h/día

10%   de 240 GW.h/día

 Este novo escenario situaría á regasificadora cunha produción de gas igual a un 20 % de la produción nominal actual e do 10% se se amplía la capacidade de regasificación.

 Esta análise mostra unha vez máis que a planta regasificadora da ría non era necesaria. Ademais debemos ter en conta que o gasoduto de Tui está cerrado dende o inicio da operación da planta polo que o gas procedente de Arxelia, vía Marrocos (e máis barato) non chega a Galicia.

 Malos ventos pois para a regasificadora da ría. Esta circunstancia unida a baixa operatividade dos ciclos combinados e á inexistencia das programadas industrias químicas en As Pontes (ver informe da CNE) auguran un custoso sistema de subministro de gas natural en Galicia.

1)       http://www.cepsa.com/medgaz/pages/index.htm

2)       O impulsor deste gasoducto foi Carlos Pérez de Bricio, presidente de CEPSA (sempre se mostrou contrario ao comercio do gas natural LICUADO) e construiuse con fondos europeos  e destinados para subministrar gas a España y Francia principalmente. Segundo a noticia dol xornal Expansión  (4) de data 29 de outubro pasado, Francia negase a ampliar o seu gasoducto de conexión (1) en Larrau coa rede española polo que os 8.000 millóns de m3 antes citados valos  ter que consumir soamente España. Por outra parte, unha boa noticia..

3)       Estes valores están por debaixo do “mínimo técnico de producción” da planta o que a situaría en “situación de operación excepcional” requirindo un fluxo suplementario de GNL para o funcionamento  normal do relicuador. Ver páxina 22 –Nota de operación 19, do informe de Enagas de Outubro 2009.  http://www.enagas.es/cs/Satellite?blobcol=urldata&blobheader=application%2Fpdf&blobkey=id&blobtable=MungoBlobs&blobwhere=1146250125953&ssbinary=true

4)       http://www.expansion.com/2009/10/29/empresas/energia/1256854398.html?a=63eb9937b3277b7ee8a7732d5ce4c57d&t=1256886862

Explore posts in the same categories: Comunicados Comité Cidadán

Deixar un comentario