REGANOSA: MÁIS DO MESMO, AUTRALIANA O GALEGA

Alexandre Carrodeguas

Membro do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

Que salga nestes momentos o alcalde das Pontes e voceiro de enerxia do PSOE, Valentín Formoso, defendendo o carácter estratéxico de Reganosa e a súa galeguización amosa ate que punto os chamados a ser os representantes cidadáns non són mais que comisarios poltíticos do grande capital especulativo. Todas e todos sabemos que Reganosa representa a alianza entre esta “clase política” que vive en palacio e a oligarquia económica que manten un poder feudal na nosa terra. Xogan coas vidas e intereses dos moradores nesta ría co único afan de incrementar os seus suxos beneficios e o seu malvado poder. Cansaronnos coa cantinela do carácter disque extratéxico para Galiza da planta de gas e agora sabemos que o único que se pretendía era un megaproxecto de dudosa rentabilidade social  que participara do grande banquete constructivo-inmobiliario dos anos pasados. Este caciquismo logrou en connivencia cos poderes públicos asaltar o noso patrimonio común para poñelo ó servizo dus poucos.

……  Ler artigo completo en DIARIO DE FERROL

.

Explore posts in the same categories: De amigos

Deixar un comentario