A CHEGADA DOS PRIMEIROS GASEIROS, 1ª Entrega: ANTECEDENTES
Neste mes de maio de 2016, cúmprense 9 anos da chegada dos primeiros Gaseiros cargados de GNL a REGANOSA.
A loita da cidadanía xa comenzara en 1999, encabezada polo Comité Cidadán de Emerxencia, no que se agrupan más de medio cento de Entidades, veciñais, ecolóxicas, culturais….
Tíñase percorrido un longo camiño de denuncias, sensibilización pública, mobilizacións, en Mugardos, en Ferrol, en Compostela, en Madrid, en Bruxelas….
A acción cidadá na boca da ría, o 7 de maio do 2007 e os días posteriores, detendo a entrada dos Gaseiros, permitíu rachar os Muros de Silencio e poñer en evidencia a complicidade das distintas Administracións: Estatal, Autonómica e Local, con este proceso fraudulento e perigoso.
Agora, tras máis de quince anos de loita, cando tres sentenzas do Tribunal Supremo confirman os plantexamentos do Comité, queremos ao fío deste aniversario, agradecer a tantas persoas que nos acompañaron e acompañan o seu compromiso na defensa da Legalidade, da Ría e da Vida.
Iniciamos hoxe a publicación duns sinxelos documentos fotográficos en lembranza daqueles sucesos.
A CHEGADA DOS PRIMEIROS GASEIROS
Explore posts in the same categories: Recursos do Comité
Deixar unha resposta