Alegacións presentadas á nova Solicitude de Autorización Administrativa e Proxecto de Execución de REGANOSA.

aLEG

As Asociacións, Entidades e Partidos Políticos:

ADEGA, A. C. Fuco Buxán, A.VV Cuco Ruiz Cortazar de Caranza, A.C. Muiño do Vento de Canido, Confraria de Pescadores de Ferrol, Confraria de Pescadores San Telmo de Mugardos, EU Ferrol, EU Mugardos, Fundación Artabría. Grupo Municipal do BNG Ferrol, Iniciativa Cidadán de Mugardos, Memoria Histórica Democrática, Plaataforma dos veciños “O Cruceiro de Mehá”. PSdeG-PSOE Ferrol e Verdegaia.

Ante a publicación no BOE, o 30 de maio pasado, a apertura de información pública da Solicitude de Autorización Administrativa Previa e do Proxecto de Execución da Planta de Gas de REGANOSA

Rexistraron, no día de onte, o ESCRITO DE ALEGACIÓNS, ante o Ministerio de Industria, sinalando como cuestión previa:

A nulidade radical do procedemento de autorización por: fraude de lei, desviación de poder, vulneración do dereito á tutela xudicial efectiva ao tentar eludir o cumprimento dunha Sentenza e vulneración do principio de confianza lexítima, pola tramitación deste expediente pola vía de urxencia e sen cumprir coa preceptiva avaliación ambiental.

Todo iso sen prexuízo de que a tramitación deste procedemento, sen proceder á paralización inmediata da instalación, pode ser constitutiva de senllos delitos de prevaricación, de desobediencia do mandato do Tribunal Supremo, de risco contra o medioambiente e de risco para a seguridade colectiva nos que podería estar a incorrer esta Subidrección Xeral.

Solicitando, como conclusión, a nulidade da tramitación por razóns de forma; en tanto que nin obran no expediente, nin se nos deu traslado da documentación e informes necesarios que se mencionaron no corpo deste escrito e de fondo; posto que REGANOSA nin cumpre, nin poderá cumprir xamais os requisitos do Art. 67 da LH, todo iso sen prexuízo de que ademais este expediente parte dun Acordo nulo como é o Acordo do Consello de Ministros de 27 de maio de 2016.

E que se ordene a paralización inmediata da instalación en cumprimento das sentenzas do Tribunal Supremo e que non se rehabilite a actividade en tanto non se obteñan as preceptivas autorizacións, tras acreditar o cumprimento dos requisitos do Art. 67 LH, cuestión esta que como dixemos é imposible no caso de REGANOSA.

Explore posts in the same categories: Comunicados Comité Cidadán

Etiquetas:

You can comment below, or link to this permanent URL from your own site.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: