Hace 40 años: GRAVÍSIMO ACCIDENTE DE GAS.

ÁLBUM FOTOGRAFICO DE “EL PAIS” : https://elpais.com/elpais/2018/07/10/album/1531245146_446217.html

Hoxe hai 40 anos, o 11 de xullo de 1978, a explosión dun camión cisterna, cunha carga de gas superior á autorizada, ocasionou unha das maiores catástrofes dos dos últimos 50 anos en España. A explosión afectou o cámping dos Alfaques (Tarragona), causando 215 mortos e deixando decenas de feridos moi graves.

Suceso, entre outros, que sempre ten presente este Comité Cidadán de Emerxencia, en relación ao perigo permanente da Planta de Gas de REGANOSA, no interior da nosa ría, ao pé das nosas vidas, a 100 metros de vivendas, a 800 metros de Mugardos e a pouco máis dun quilómetro de Ferrol, onde, de producirse un accidente, as consecuencias serían infinitamente superiores ao que comentamos, en número de vítimas e desfeitas materiais.

Hoxe, como desde hai case 20 anos, seguimos reclamando o peche desta Planta, innecesaria, antieconómica e ilegal, segundo confirmárono sucesivas Sentenzas do Supremo, e que se mantén grazas as cuantiosas subvencións de cartos públicos e a connivencia das administracións, así como o cese do tráfico de gaseiros, sen cumprir a normativa de seguridade, que pon en continuo perigo a nosa existencia.

PLANTA DE GAS: PECHE XÁ!

Advertisements
Explore posts in the same categories: Comunicados Comité Cidadán

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: