Convocatoria xoves 6 : Entrada do 15º Gaseiro

Ante a entrada do gaseiro número 15, o próximo xoves na nosa Ría

o Comité Cidadán de Emerxencia 

CONVOCA CONCENTRACIÓN-CACEROLADA 

Xoves, 6 de Marzo, ás 19 horas

Ante o Edificio Administrativo da Xunta de Galicia

Praza de España – Ferrol

Para rexeitar, unha vez máis,  a perigosa e ilegal ubicación da Planta de Gas de Reganosa no interior da nosa Ría, incumplindo as medidas legais de seguridade, como ten sentenciado o Tribunal Sup. de Xustiza de Galicia,  e para amosar o enorme risco e a irresponsabilidade que supón para a  poboación desta Comarca o tránsito dos gaseiros perto das nosas casas. 

 É conveniente que quen poidan facelo, acudan provistos de todo o material habitual nestas concentracións que vimos realizando: camisetas, bandeiras, buzos, material sonoro, pancartas, etc. 

Características do buque:  LNG Finima,  Antigüedade: 25 años. Eslora: 287 m.  manga: 42 m.

Bandeira: Bermudas 

PLANTA DE GAS FORA DA RÍA

Explore posts in the same categories: Convocatorias Comité Cidadán

Deixar un comentario