12 gaseiros arribados a REGANOSA
Hoxe 9 de xaneiro, coa única pleamar diurna, ás 17 horas, tivo entrada na ría e atracou no peirao de Reganosa o gaseiro número doce, o LGN Sokoto, (288,75 m. eslora, 48 m. manga, bandeira de Bermudas) con carga GNL 130.711 m3 (58.476 Tm.).
Seguindo a convocatoria do Comité Cidadán de Emerxencia, perto de duascentas persoas, concentradas no peirao de Ferrol, rexeitaron cunha longa cacerolada a ubicación ilegal da Planta de Gas de Reganosa e o tráfico deste tipo de buques no interior da ría, polas súas condicións de máxima perigosidade, incumplindo a normativa establecida:
Obligatoriedade de saida inmediata a mar aberto, polos seus propios medios, caso de emerxencia.
O Coordinador en funcións do C.C.E., Manuel Rodríguez Carballeira, lembrou ós presentes os últimos e recentes accidentes marítimos de grandes buques no interior da ría, .(o vindeiro 3 de xaneiro cumprese décimo aniversario do accidente do Discoverer Enterprise que deixara incomunicado Ferrol durante meses) sinalando que de producirse outro semellante cun gasiro cargado de GNL, as consecuencias para a Ría e os seus pobladores serian de verdadeira tragedia.
Lembrou a necesidade de dotarse de recursos económicos, polo que chamou para que se venderan as rifas de apoio que están en circulación editadas polo Comité Cidadán.
Transmitíu a decisión do CCE de poñer en coñecimento da Fiscalía novos datos sobre o pelotazo urbanístico de Reganosa.
Mantivo o compromiso e a vontade do CCE de continuar con tódolos medios o seu alcance, a loita contra a ubicación actual desta Planta de Gas, amenaza permanente para os habitantes de ferrolterra ó ser incapaz de cumplir as medidas de seguridade esixidas pola lexislación vixente.
Comunicou un saúdo especial de Carmelo Teixeiro que, desde o seu proceso de recuperación, está facendo un seguimento puntual do que vai acontecendo.
Explore posts in the same categories: Comunicados Comité Cidadán
Deixar unha resposta