Outra vez a néboa …
A néboa, por segunda vez en menos dunha semana, impediu esta mañá a entrada a Reganosa, do “LNG Madrid Spirit” coa súa carga de gas natural licuado.
Outra vez terá que fondear na ría de Ares, co risco consiguiente para as poboacións daquela contorna, ata a próxima pleamar diurna de mañá, se para entón as condicións de visibilidad permíteno.
Outra vez en poucos días, voltamos plantexar os temores que o pasado xoves manifestabamos, e así sucesivamente, ante cada entrada dun buque na nosa Ría.
Por cada entrada anunciada – teña lugar ou non – este Comité Cidadán de Emerxencia, seguirá convocando á CONCENTRACIÓN, para manifestar a Autoridades e cidadanía, o perigo permanente a que estamos expostos, pola ilegal ubicación da Planta de Gas, e para seguir esixindo:
¡ PLANTA DE GAS FORA DÁ RÍA ¡
Pleamar día 20: 8,49 e 21,31 h. – Pleamar día 21: 10,02 e 22,58 h.
Isto diciamos fai só 4 días:
“Onte, 16 de outubro, non lle foi posible ao LNG “EDO” arribar a Reganosa. Uns minutos antes da pleamar, encheuse de néboa a boca e o interior da Ría, desistindo o buque da manobra de aproximación, e retrasando a súa entrada á próxima marea diurna.
A aparición da néboa nas nosas augas surxe de súpeto moitas veces .
Preguntámonos que pasaría, se esta circunstancia se dera xa inciada a entrada no canal. Co buque entre castelos, e sen visibilidade, sería probable que encallara.
¿Cal sería a reacción da poboación circundante, ó saber que un barco cargado de GNL, unha bomba flotante, estaba accidentado e próximo as nosas casas?.
¿Ou se por causa grave tivera que abandoar a ría e se pechara de néboa nese momento?
¿Saberían as nosas Autoridades que decirnos?.¿Saberíamos nos que facer?……”
Explore posts in the same categories: Comunicados Comité CidadánEtiquetas: gasero, néboa, Planta de Gas, Ría de Ares
You can comment below, or link to this permanent URL from your own site.
Deixar unha resposta