En recordo de Carmelo : primeiro aniversario

imagen-44

O próximo 5 de febreiro cumprirase o primeiro aniversario do falecemento de Carmelo Teixeiro Menéndez, fundador e primeiro coordinador deste Comité Cidadá de Emerxencia para a Ría de Ferrol, polo que no seu recordo organizouse o seguinte:

Sábado, 7 de Febreiro de 2009, ás 12 horas.
OFRENDA FLORAL

No lugar en que foron plantados 3 carballos,

 próximo á ermida de Santa María de Caranza en Ferrol

23-04-08_1345 

Lugar para o que se está xestionando por iniciativa da A VV Ruiz de Cortázar e do Comité Cidadán, a denominación de Parque Carmelo Teixeiro.

Participarán neste acto o Comité Cidadán de Emerxencia , representantes de entidades e organizacións e cantos cidadáns e cidadás queiran sumarse. Será colocada. no centro dos tres carballos, unha placa, alusiva a Carmelo, sobre un monolito de pedra.

Durante este ano transcorrido, Carmelo e a súa tarefa estivo sempre presente no noso recordo e no noso sentimento. Agora, trátase de lembralo colectivamente, todos xuntos, nun acto íntimo e sinxelo de agradecimiento a toda unha vida de compromiso coas causas sociais, e de traballo constante, rigoroso e sempre desinteresado a través das numerosas facetas – vecinal, cultural, política, sindical – nas que sempre participou e dun modo especial na súa actividade permanente dos últimos anos: A defensa de Ría, e da vida dos seus habitantes ante a ameaza da Planta de Gas peligrosamente ubicada no seu interior.
Nesta loita pola legalidade, pola seguridade das nosas vidas e pola riqueza da nosa contorna, o exemplo de Carmelo, da súa tenacidade e da súa entrega acompañaranos e servirá de estímulo ata facer realidade o obxectivo:

¡¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA ¡!

 

Enlace a vídeo Homenaxe a Carmelo

Explore posts in the same categories: Convocatorias Comité Cidadán

Etiquetas: , ,

You can comment below, or link to this permanent URL from your own site.

Deixar un comentario