ADEGA premia a Patricia Gabeiras, Avogada do Comité Cidadán de Emerxencia.

patricia

A Asociación para a Defensa Ecoloxica de Galiza, ADEGA, acaba de outorgar o Premio OSÍXENO 2016, categoría individual, a Patricia Gabeiras Vázquez, avogada e asesora xurídica deste Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol “polo seu denodado traballo en defensa da ría e da cidadanía e contra as ilegalidades de REGANOSA. Como resultado, conseguiuse a anulación por parte do Supremo da autorización da planta de gas e do proxecto de construción”.

O CCE acolle esta nova con enorme satisfacción, agradece a ADEGA esta distinción e felicita efusivamente a Patricia Gabeiras por tan merecido premio ao seu acertado, desinteresado e comprometido traballo en defensa da legalidade, da Ría e da vida dos seus habitantes, desde fai máis de quince anos.

ox-diox-13-bigNesta 16ª edición dos Premios Osíxeno e Dioxina ás millores e piores actuacións ambientais de 2016, ADEGA quere subliñar o millor e o pior do pasado ano dende a perspectiva ambiental. O conflito de REGANOSA e a problemática da eucaliptización, estiveron moi presentes no fallo deste ano.

Os premios entregaranse no decurso dun xantar de confraternización que terá lugar o vindeiro sábado 28 de xaneiro a partires das 14:30h no restaurante A Marola (Hotel Zenit Coruña, r/ Comandante Fontanes 19, A Coruña).

Máis información na Web de ADEGA

Explore posts in the same categories: Comunicados Comité Cidadán

Etiquetas: , , ,

You can comment below, or link to this permanent URL from your own site.

Deixar un comentario