Nota de Prensa do CCE sobre a Celulosa de ENCE na nosa Ría

Nota de Prensa do CCE

 

Diante das noticias recollidas nos medios de comunicación segundo as cales, unha serie de empresarios xunto a Empresa Nacional de Celulosas faríanse co control de complexo industrial de Ence en Pontevedra e pretenderían recolocalo noutros lugares, citando entre outros ao Porto Exterior de Ferrol. Diante isto, o CCE  manifesta:

 

Amosar o noso apoio a Plataforma en  Defensa da Ría de Pontevedra como así o fixemos acudindo a pasada mobilización, para esixir o traslado de Ence e denunciar os atrancos a este compromiso da Xunta de Galicia. Unha longa loita a desenvolvida pola Plataforma,  que a pesar dos atrancos abrirase paso, para por fin acadar a recuperación da Ría  de Pontevedra como patrimonio de todos.

 

Na Ría de Ferrol está a se acometer a maior agresión medioambiental neste pais coa a planta de gas de Reganosa, instalada ilegalmente e en funcionamento dende fai un ano,  que ameaza a vida de miles de persoas, a Ría e o Patrimonio. Os promotores de Reganosa pretenden agora ampliar a capacidade de regasificación e a  Autoridade Portuaria a voadura da canle de entrada, a pesares da súa inutilidade, pos os gaseiros nunca poderán cumprimentar a normativa de emerxencia dentro da Ría de Ferrol.

 

As novas recollidas nos medios nestes días relativas ao posible emprazamento da celulosa de Ence no Porto Exterior de Ferrol, os silencios institucionais, cando non as advertencias a “discrecionalidade”, poñen de manifesto que a política depredadora levada a cabo por e para beneficio dunha minoría, só pode materializarse  coa complicidade institucional, tal e como vemos a cotío no acontecido na Ría de Ferrol o longo dos últimos anos.

 

O CCE denuncia esta política encamiñada a sacrificar a Ría de Ferrol, segundo o guión establecido no ano 97 no libro promovido pola Xunta de Fraga  e titulado “Elementos para unha ordenación integral dos usos do medio litoral de Galicia”, e chama a  toda cidadanía de Ferrolterra a dicir basta , acudindo a manifestación do próximo día 8 de xuño as 12h que sairá do Porto de Ferrol para  defender a vida, a Ría e o Patrimonio, impedir a materialización das novas ameazas e esixir a paralización de Reganosa.

                                                                                   

Ferrol a 20 de Maio de 2008

 

Explore posts in the same categories: Comunicados Comité Cidadán

Etiquetas: , , ,

You can comment below, or link to this permanent URL from your own site.

One Comment o “Nota de Prensa do CCE sobre a Celulosa de ENCE na nosa Ría”

  1. ruben Says:

    O absurdo de mendigar traslados:

    Apoiamos o traslado de Ence da Ria de Pontevedra sempre que non a trasladen a Ferrol. Se deciden traladá-la por exemplo a As Pontes e, finalmente, xurde unha oposizón a ese traslado, tamén estaremos en contra do traslado a menos que decidamos, por exemplo, que As Pontes merece ser sacrificada “para o desenvolvimento industrial da Galiza”, o que nos situaría non moi lonxe da opinión do PP en cuanto á ria de Ferrol.

    O lema podería ser ” Traslado si, pero non aquí” ou “Ence-Elnosa, fora da ría” en clara alusón a que a leven a algún lugar de interior. Xa postos podemos coller un lema como ” Ence-Elnosa: a Arxentina ou Urugay”, non rima pero é máis axeitado ao que pedides.

    ruben
    rubendeferrol@hotmail.com
    http://www.reganosademolizon.org


Deixar un comentario