O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PÉCHASE NO CONCELLO DE FERROL

Hoxe 3 de Xuño, ás 11 horas, varios membros do Comité Cidadán de Emerxencia para Ría de Ferrol, iniciaron un peche no Palacio Municipal de Ferrol.

Esta acción ten por obxecto o demandar da Corporación un pronunciamiento claro contra a ubicación da Planta de Gas de Reganosa no interior de Ría., así como o seu rexeitamento ás novas ameazas que se perfilan para a súa sostenibilidade e para a vida dos seus habitantes, detalladas no escrito entregado á Alcaldía que se reproduce a continuación

O CCE invita a cantas persoas e colectivos consideren oportuno apoiar esta iniciativa a manifestalo mediante visitas aos pechados no Concello, como xa o están a facer moitas persoas nestas primeiras horas de peche, ou comunicados públicos, mensaxes de correo electrónico ou calquera outro medio.

Oportunamente notificarase cantas novidades xurdan respecto desta situación, e unha vez máis recordar a convocatoria para a

 

 

MANIFESTACIÓN

Domingo, 8 de Xuño, ás 12 horas

Peirao de Curuxeiras – Ferrol

 

¡!PLANTA DE GAS FORA DA RÍA¡!

 

Escrito dirixido ao Alcalde de Ferrol

 

Sr. Alcalde:

No nome do “Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol”, decidimos pecharmos na casa de todos os ferroláns e ferrolás, co obxectivo de reclamar da Corporación que vostede preside, un pronunciamento claro contra a ubicación da Planta de Gas de Reganosa no interior da nosa Ría, así como o rexeitamento das novas ameazas que se están poñendo en marcha nas últimas datas: autorización de ampliación da capacidade regasificadora decidida polo último Consello de Ministros; pretensión de dinamitar a canle de entrada da Ría, decidida pola Autoridade Portuaria, como pantalla para ocultar a imposibilidade de cumprir coa normativa en situacións de emerxencia dos gaseiros cargados; transporte de gas en cisternas polas estradas galegas, con perigo para a poboación, etc.

    Asimesmo, reclamamos da Corporación un claro rexeitamento da pretensión de incrementar aínda  máis a contaminación e destrucción deste mar interior, coa planta de Ence, que Pontevedra leva anos rexeitando.

    Co ocasión do Día Mundial do Medioambiente, emprazamos ao Governo Municipal desta cidade para que defenda a legalidade, un auténtico desenvolvemento sostible e se empeñe na defensa da VIDA e da RÍA, na que residen e traballan decenas de miles de cidadans e cidadás, que hoxe están en perigo.

Invitamos á Corporación Municipal a sumarse á manifestación convocada polo Comité Cidadán de Emerxencia, para o próximo domingo día 8.                                                               

Ferrol,  3 de Xuño de 2008

 

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

 

SR. ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE FERROL

 

 

Ver album de fotos:

http://picasaweb.google.com/fucobuxan/ENCERRONOCONCELLODEFERROL

Prégase difusión

 

Explore posts in the same categories: Comunicados Comité Cidadán

Etiquetas: , , ,

You can comment below, or link to this permanent URL from your own site.

Deixar un comentario