GASEIRO EN PERIGO

 

Ver serie de fotos deste evento :  Gaseiro24

 

O  pasado 2 de xullo as 4 da tarde o buque gaseiro  “LNG Rivers”, de 288 metros de eslora cargado con 135.000 m3 de gas natural, tivo graves problemas para entrar na Ría de Ferrol.

Esa tarde o vento soplaba do sur e había mareira no mar. O barco que ainda non tiña os prácticos abordo achegábase  perigosamente a costa. A enfilación para poder entrar na Ría de Ferrol non era a correcta  e tanto o vento como o mar ó abatían cada vez maís a o barco  contra a Ponta Coitelada . Neses momentos logran subir a bordo dende un remolcador  os prácticos do Porto de Ferrol e inician  unha perigosa maniobra virando  en redondo o barco. Catro remolcadores permanecen a expectativa, pero sin ter suxeto a o barco. O gaseiro  na sua virada pasa moi perto da costa, a menos de 300 metros,  e casi por riba dos baixos das “Merloeiras “.

Finalmente o “ LNG Rivers” consigue alonxarse da costa e  tomar a enfilación correcta para penetrar na Ría de Ferrol.

Despois de media hora de arriscadas maniobras e loitando contra o reloxo, xa que a marea comenzaba a baixar o “ LNG  Rivers” amarrado a catro remolcadores entra na ría .

 

A Capitania  Maritima debe dar explicacións do que sucedeu aquela tarde.  

 

Estas situacións non fan outra cousa que confirmar o que este CCE vén manifestando desde fai máis de 8 anos: A ublicación da Planta de Gas no interior de ría, incumplindo toda a normativa de seguridade, en canto a distancias aos núcleos de poboación e ao tránsito continuado dos gaseiros sen garantía de poder abandoar a ría polos seus propios medios ante calquera situación de emerxencia.

 

Unha vez máis queremos chamar a atención das autoridades competentes, para que acaten as resolucións do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e poñan fín a este despropósito e a esta ameaza permanente, sobre a riqueza e o potencial laboral de nosa ría e sobre as vidas das persoas que a habitamos.

 

¡¡PLANTA  DE  FAS FORA DA RÍA ¡!

Explore posts in the same categories: Noticias / Novas

Etiquetas: , , ,

You can comment below, or link to this permanent URL from your own site.

2 Comentarios o “GASEIRO EN PERIGO”


Deixar un comentario